Dorothea Menadier, nada o 11 de decembro de 1891 en Berlín e finada en data e lugar incertos, foi unha numismática alemá especializada na moeda medieval."Dr. phil. Dorothea MENADIER, deutsche Numismatikerin". Eine große Familie - Ihr Stammbaum im Internet.

Traxectoria Dorothea Menadier era filla do eminente numismático medievalista Julius Menadier (1854-1939), director do Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín, e da súa muller, Ida Menadier, baronesa de Düring (1858-1934).

O seu irmán, Karl Menadier, tamén foi un recoñecido numismático."Dr. Karl MENADIER, deutscher Numismatiker". Eine große Familie - Ihr Stammbaum im Internet.

Logo de cursar a súa educación secundaria en Schöneberg, estudou Historia na Universidade de Tubinga e posteriormente na Universidade de Berlín. Nesta última doutorouse o 21 de xuño de 1915, na Facultade de Filosofía, baixo a dirección de Michael Tangl, cunha tese titulada Die Münzen und das Münzwesen der deutschen Reichsäbtissinnen im Mittelalter ("As moedas e as cuñaxes das abadías imperiais alemás na Idade Media").

Publicacións

(1915): Die Münzen und das Münzwesen der deutschen Reichsäbtissinnen im Mittelalter. Friedrich-Wilhelms-Universitat zu Berlin. (1920): Die Münzen und das Münzwesen der deutschen Reichsäbtissinnen im Mittelalter . En Zeitschrift für Numismatik. Nº 32. Páxinas 185-293.

Notas

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados no século XX Categoría:Nados en Berlín Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade de Tubinga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido