N1 foi un foguete espacial soviético de cinco etapas e propulsado por propelente líquido desenvolvido para enviar tripulacións á Lúa. Estaba deseñado para ser lanzado desde o cosmódromo de Baikonur.

Características O N1 foi desenvolvido durante os anos 1960 como a resposta soviética ao Saturno V para realizar misións lunares primeiro e máis alá, ata Marte, despois, así como para poñer enormes estacións espaciais en órbita. O proxecto do foguete N1 comezou máis tarde que o do Saturno V, estivo lastrado por problemas de presuposto e políticos e pola competición entre as diferentes oficinas técnicas soviéticas que competían entre si. Como resultado, de catro lanzamentos de proba todos fallaron. O N1 non chegou a estar listo para a carreira á Lúa (na que a Unión Soviética posteriormente negou participar) e foi cancelado en 1972.

O N1 naceu polos esforzos de Korolev, que instou aos políticos soviéticos a aprobar un proxecto para crear un lanzador pesado. O decreto polo que se aprobou o proxecto foi emitido o 23 de xuño de 1960 pero o deseño definitivo non foi decidido ata maio de 1962. O foguete debía ser capaz de poñer en órbita terrestre naves pesadas, poder enviar misións tripuladas á Lúa, enviar misións tripuladas de sobreevoo a Venus e Marte, lanzamento de sondas pesadas ao sistema solar exterior e posta en órbita de estacións espaciais pesadas.

A oficina de Korolev ideou diferentes posibilidades técnicas para o foguete, incluíndo o uso de diferentes tipos de propelente e configuracións, para poder defender o proxecto fronte o resto de oficinas. Finalmente o N1 sería capaz de situar 70 toneladas en órbita baixa usando osíxeno líquido e queroseno como propelentes.

Historial de lanzamentos

VooDataRampla de lanzamentoCargaResultadoNotas121 de febreiro de 1969Cosmódromo de BaikonurL1S 1 / L3 1FalloPrimeiro voo dun N1.23 de xullo de 1969Cosmódromo de BaikonurL1S 2 / L3 2Fallo326 de xuño de 1971Cosmódromo de BaikonurLOK 1 / L3 3Fallo423 de novembro de 1972Cosmódromo de BaikonurLOK 1 / L3 4FalloÚltimo voo dun N1.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Korolev

Categoría:Foguetes espaciais