Marco Mezquida nado en Maó (Menorca) o 11 de marzo de 1987, é un pianista balear.

Traxectoria Fillo de dous profesores, ós sete anos comezou a estudar piano na escola municipal de Maó con Tomé Olives e Ricard Ramisa. Máis tarde estudou jazz, improvisación, piano clásico e órgano. Licenciouse no 2009 na Escola Superior de Música de Catalunya, na carreira de piano. Completou a súa formación asistindo a seminarios e master class con músicos de prestixio coma Fred Hersch, Dave Kikoski, John Taylor, Wolfgang Hörlin ou Aaron Goldberghttps://clasijazz.com/mezquida-bodilsen-andersen-pieris-profundo-y-hermoso-como-el-sinuoso-aleteo-de-una-mariposa/.

Dende moi novo situouse coma un músico valorado dentro do panorama do jazz e das músicas improvisadas.

Ten actuado nos auditorios e salas de máis prestixio do mundo. Ademais ten colaborado como acompañante de diversos artistas, bailaríns e solistas, coma por exemplo Lee Konitz ou Silvia Pérez Cruz.

Discografía Live at Palau de la Música (2018) Orrius Concert (2018) Ravel’s Dreams (2017) Live at Terrassa (2015) Amateur (2015) La hora fértil (2013)

Dúos Conexión (2017) e No hay dos sin tres (2019) co guitarrista flamenco Juan Gómez ‘Chicuelo’ Sings My Heart (2017) coa vocalista Juliane Heineman Live at Sunset (2017) co pianista Albert Bover Cantabile(2015) co saxofonista Bill McHenry. Two Lonely People (2011) e Llunátics (2015) coa vocalista Celeste Alías My Old Flame (2014) co contrabaixista Manel Fortiá Miscelánea (2011) co frautista Pablo Selnik

Tríos MAP (2017) xunto a Ernesto Aurignac e Ramón Prats My Friend Marko (2013) xunto a Marko Lohikari e Carlos Falanga

Premios Ciutat de Barcelona 2019 Personaxe relevante da vida menorquina 2018 Enderrock ó mellor disco de jazz 2017, por M A Phttp://www.enderrock.cat/noticia/16111/premis/enderrock/2017 Altaveu 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Marco Mezquida — Improvisacions i cançons", Palau de la música de Barcelona, 3 de agosto de 2020

Categoría:Pianistas de España Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Maó