Frinxo é un lugar da parroquia de Pazos de Reis, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 78 habitantes (36 homes e 42 mulleres), un descenso de 27 habitantes respecto ao ano 1999.

Xeografía Frinxo forma unha aldea separada polo Alto dos Cubos do resto do conxunto habitado de Pazos de Reis.

Historia Na contorna de Frinxo houbo un castro galaico, coñecido localmente coma Castro do Castelo.. Xa na Idade Contemporánea, Frinxo experimentou un certo crecemento que fixo que a aldea puidese dispor dunha capela propia, construída entre os anos 1856 e 1860 polo bispo tudense Maceira.

División eclesiástica Eclesiasticamente, dálle nome á parroquia de Nosa Señora das Dores de Frinxo, civilmente coñecida como O Sagrario de Pazos de Reis. Polo tanto, a capela é usada coma igrexa parroquial polos veciños. Pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.

Patrimonio Nesta aldea hai varios elementos patrimoniais:

Capela da Virxe das Dores: edificio relixioso do século XIX. Mina de auga de Frinxo.

Lugares e parroquias

Lugares de Pazos de Reis

Parroquias de Tui

Notas

Categoría:Lugares de Tui Categoría:Parroquias eclesiásticas de Galicia Categoría:Parroquias eclesiásticas galegas que non coinciden coas civís