San Queitán é un lugar da parroquia de Paramos, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 114 habitantes (67 homes e 77 mulleres), un descenso de 62 habitantes respecto ao ano 1999.

Toponimia O topónimo San Queitán é un haxiotopónimo referido a Caetano de Thiene e débese á presenza no lugar dunha capela baixo a devandita advocación, a carón da cal hai un cruceiro.

Festividades Nesta barrio celébranse as Festas de San Queitán todos os primeiros domingos de agostoMartínez Sigüenza, X. (2010). "As parroquias de Tui –síntese histórica–". Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra..

Lugares e parroquias Lugares de Paramos

Parroquias de Tui

Notas

Categoría:Lugares de Tui