Behrendt Pick, nado o 21 de decembro de 1861 en Poznan, Reino de Prusia (actual Polonia), e finado o 4 de maio de 1940, en Berlín, foi un numismático alemán especializado na numismática antiga.Singer, I. (1906). Lederer, P. (1941).

Traxectoria Logo da súa graduación na ensinanza secundaria, en 1880, no instituto Friedrich Wilhelms de Poznam, Behrendt Pick ingresou na Universidade de Berlín para cursar os seus estudos superiores, grazas a unha das bolsas de estudos establecidas por Friedrich Imhoof-Blumer.Bloesch, H. (1974). "Imhoof, Friedrich". En Neue deutsche Biographie. T. X. Berlin. Páxinas 156-157. ISBN ISBN 3-428-00191-5 En 1884 graduouse en Filoloxía Clásica, cunha tese dirixida por Theodor Mommsen e titulada De senatus consultis Romanorum. A influencia de Theodor Mommsen fixo que o seu futuro como investigador se centrase fundamentalmente na numismática.

Logo dunha breve etapa como bibliotecario na Biblioteca Real (Königliche Bibliothek), en 1888 Pick ingresou na Universidade de Zürich, onde o ano seguinte obtivo a habilitación para a docencia universitaria de Arqueoloxía. Nesa universidade foi nomeado profesor axudante de Antigüidades Romanas, Historia e Numismática en 1891."Pick, Behrendt". Historische Vorlesungsverzeichnisse. Universität Zürich.

En 1893 comezou a traballar na biblioteca ducal de Gotha xestionando a colección de moedas do seu gabinete numismático (Münzkabinett), do que pasou a ocupar o posto de director en 1899.

En 1897 ingresou como profesor asociado de Numismática Antiga na Universidade de Jena, institución na que de 1903 a 1905 se ocupou da ordenación e da catalogación dos fondos do Gabinete de Moeda Oriental de Jena. En 1911, esta universidade nomeouno profesor honorario e en 1931 acabou alí o seu período como docente.

A obra máis representativa de Pick é o volume dedicado a Dacia e Mesia na serie Die Antiken Münzen Nordgriechenlands (Berlín, 1898), en colaboración con Kurt Regling, unha publicación da Real Academia de Ciencias de Prusia (Königlich-Preußische Akademie der Wissenschaften), no marco do proxecto Griechisches Münzwerk, concibido por Theodor Momsen e dirixido por Friedrich Imhoof-Blumer."Griechisches Münzwerk". Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften.

En 1934, Pick retirouse por mor da súa "fe mosaica". Trasladouse a Berlín, onde se suicidou en 1940.

Recoñecementos

(1935): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións Estas son algunhas das publicacións de Pick ao longo da súa carreira académica:"Pick, Behrendt". WorldCat.

Escolma de monografías

(1884): De senatus consultis Romanorum. Pars prior. Berlín. (1898-1910): Die antiken Münzen Nord-Griechenlands. Band 1: Dacien und Moesien. Reimer, Berlin. Parte I (1898) / Parte II. Die Münzen von Odessos und Tomis (1910) (con Kurt Regling). (1916): Die Arbeiten des Gothaer Stempelschneiders Ferdinand Helfricht (con Ferdinand Helfricht). Schmidt, Gotha. (1922): Die Münzkunde in der Altertumswissenschaft. Ein Vortrag. Perthes, Stuttgart. (1930): Die Kunstmuseen und die Münzen. Riechmann, Halle. (1931): Aufsätze zur Numismatik und Archäologie. Frommann. Jena.

Escolma de artigos

(1885): "Zur Titulatur der Flavier. 1. Der Imperatortitel des Titus. / 2. Die Consulate Domitians als Caesar ". En Zeitschrift für Numismatik. 13. Páxinas 190-238 / 356-383.. (1890): "Über einige Münzen der römischen Kaiserzeit ". En Zeitschrift für Numismatik. 17. Páxinas 180-197. (1904): "Die tempeltragenden Gottheiten und die Darstellung der Neokorie auf den Münzen". En Österreichische Jahreshefte. Vol. 7. (1930): "Ein später Nachtrag". En Zeitschrift für Numismatik. 40. Páxinas 304-307.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Lederer, P. (1941): "Geheimrat Prof. Dr. Behrendt Pick 1861-1940". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 28. Páxinas 87-89. Singer, I. (1906). "Pick, Behrendt". En Jewish Encyclopedia. Páxina 31.

Ligazóns externas

"Regling, Kurt Ludwig 1876-1935". Digital Library Numis "Regling, Kurt 1876-1935". WordCat.

Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Suicidios en 1940 Categoría:Nados en Poznan Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Arqueólogos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Profesores da Universidade de Zürich Categoría:Profesores da Universidade de Jena Categoría:Suicidas de Alemaña Categoría:Personalidades sen imaxes