O Regueiro é un lugar da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 199 habitantes (91 homes e 108 mulleres), o que supón un aumento de 30 habitantes respecto ao ano 2000.

Patrimonio Neste barrio consérvanse as ruínas do fortín do río San Martiño, unha pequena construción militar erixida con motivo da Guerra de Restauración Portuguesa. Tamén neste barrio está o cruceiro e peto de ánimas de San Martiño (s. XIX) e a fonte da Leiriña.

Economía Este barrio ten unha grande importancia comercial e industrial debido á presenza de numerosas grandes superficies e do polígono industrial de Areas-Tui.

Lugares e parroquias

Lugares de Areas

Parroquias de Tui

Notas

Categoría:Lugares de Tui