José Larrea Pérez, nado c. 1920 e finado o 3 de maio de 1973 en Villalpando (Zamora), foi un doutor e piloto de automobilismo galego.

Traxectoria Traballou como doutor e director no Sanatorio Riazor, que el mesmo fundou en 1946 na Coruña.

Foi un dos principais impulsores do automobilismo na Coruña, participando na organización das primeiras carreiras deste tipo celebradas na cidade, inmediatamente despois de fundar en 1966 a Escudería Centollo. Competiu tamén como piloto e foi director do Gran Premio da Coruña e das primeiras edicións do Rally da Coruña. En 1972 abandonou a presidencia da escudaría para deixar paso a xente máis nova.

Faleceu nun accidente de tráfico en Villalpando, na provincia de Zamora, o 3 de maio de 1973 aos 53 anos de idade, xunto a unha sobriña de 16 anos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Carlos Arrojo

Categoría:Finados en 1973 Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Finados en accidente de tráfico