The Social Dilemma é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Jeff Orlowski e escrito por Orlowski, Davis Coombe e Vickie Curtis. O filme explora o uso das redes sociais e o dano que causa na sociedade, centrándose na explotación dos usuarios para beneficio financeiro a través do capitalismo de vixilancia e a minaría de datos, así como o seu deseño pensado para xerar adicción, o seu uso na política e o impacto na saúde mental. Por outra banda, o filme tamén aborda a súa función de estender teorías da conspiración como Pizzagate e uso que fan delas grupos como Flat Earth Society.
The Social Dilemma estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2020 e estreouse a través de Netflix o 9 de setembro de 2020.
Personaxes Entrevistados Tristan Harris como el mesmo Aza Raskin como el mesmo Justin Rosenstein como el mesmo Shoshana Zuboff como ela mesma Jaron Lanier como el mesmo Tim Kendall como el mesmo Rashida Richardson como ela mesma Renee DiResta como ela mesma Anna Lembke como ela mesma Roger McNamee como el mesmo Guillaume Chaslot como el mesmo
Intepretacións Skyler Gisondo como Ben Kara Hayward como Cassandra Vincent Kartheiser como Intelixencia Artificial Sophia Hammons como Isla Catalina Garayoa como Rebecca Barbara Gehring como Mom Chris Grundy como Step-Dad
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América