Anta é un lugar da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 189 habitantes (92 homes e 97 mulleres), un descenso de 3 habitantes respecto ao ano 2000.
Toponimia O topónimo Anta é bastante antigo, aparece por primeira vez nun documento de 1095. É moi probábel que faga referencia á presenza de mámoas ou túmulos funerariosMartínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.. Curiosamente o lugar de Anta é mencionado antes na documentación histórica ca parroquia de Areas, á que pertence (citada por primeira vez no ano 1112).
Patrimonio A nivel patrimonial destaca a Pedra do Aire, localizada nos montes adxuntos ao barrio, que conta cunha cruz latina gravada na pedra de orixe medieval, e a mámoa de Seixos Albos.
Lugares e parroquias
Lugares de Areas
Parroquias de Tui
Notas
Categoría:Lugares de Tui