Richard Michael "Mike" Mullane, nado en Wichita Falls, Texas, o 10 de setembro de 1945, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-D, STS-27 e STS-36.

Traxectoria Mullane graduouse en enxeñaría militar pola Academia Militar dos Estados Unidos en 1967 e é máster en enxeñaría aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1975.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-41-D, STS-27 e STS-36 e pasando un total de 14,85 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-41-D STS-27 STS-36

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Wichita Falls, Texas