Ryszard Kiersnowski, nado o 4 de novembro de 1925 (inscrito o 4 de xaneiro de 1926) en Vilnius, Lituania (daquela cidade anexionada por Polonia), e finado o 7 de xullo de 2006 en Varsovia, foi un numismático medievalista polaco e profesor na Academia Polaca de Ciencias."Ryszard Kiersnowski. 1925-2006". Instytut Historii. Polska Akademia Nauk.Borodziej, W. (2007).Suchodolski, S. (2006) .
Traxectoria Ryszard Kiersnowski en Vilnius, fillo de Tadeusz Kiersnowski, un avogado establecido nesa cidade, e de Anna Rymsz. Estudou o ensino secundario no prestixioso instituto masculino Zygmunt August, en Vilnius, e posteriormente formou parte do Armia Krajowa, movemento de resistencia polaco na segunda guerra mundial. Da súa etapa militar deixou constancia no seu libro de 1994 titulado Tam i wtedy. W Podweryszkach, w Wilnie i w puszczy. 1939-1945 ("Alá e despois. En Podweryszki, en Vilnius e no bosque").
Logo da guerra, para evitar ser arrestado polas novas autoridades, conseguiu chegar a Cracovia con documentación falsa, e entre os anos 1945 e 1948 estudou Historia na Facultade de Filosofía e Historia da Universidade Iaguelónica, desa cidade. No derradeiro ano deses estudos colaborou tamén como axudante no Departamento de Ciencias Auxiliares da Historia. Tras a súa graduación, mudouse de Cracovia a Varsovia, onde formou parte de diversos grupos de investigación sobre as orixes do Estado polaco. Acadou o seu doutoramento en 1951 cun traballo sobre as murallas medievais de Silesia. En 1953 ingresou no Instituto de Historia da Academia de Ciencias, onde desde 1961 foi profesor de Historia da Polonia Medieval e a partir de 1970 xefe do Departamento de Edicións e de Ciencias Auxiliares da Historia, postos que ocupou ata a súa xubilación en 1997.
No seu labor como investigador, Ryszard Kiersnowski centrouse na historia dos territorios occidentais de Polonia, especialmente Pomerania e Silesia. As achegas máis significativas desta dedicación investigadora foron dous volumes da serie Zycie codzienne ("Vida cotiá"), un sobre a Idade Media en Silesia (publicados en 1977) e outro en Pomerania (publicada xunto coa súa muller en 1970).
Kiersnowski foi un dos impulsores da constitución da Sociedade Numismática Polaca, da que foi o seu primeiro presidente, entre 1971 e 1981."Polish Numismatic Society". Sitio web da PTN. Ademais, de 1973 a 1979 foi vicepresidente da Comisión Internacional de Numismática. Entre outras entidades de diversos países, foi membro destacado da American Numismatic Society, da Royal Numismatic Society (membro honorario) e da Sociedade Numismática Húngara.Suchodolski, S. (2006) . Páxina 58.
Estivo casado con Teresa Kiersnowska, unha arqueóloga pioneira no estudo dos achados da alta Idade Media en Polonia despois da segunda guerra mundial, coa que asinou conxuntamente varios dos seus artigos e diversos traballos. Suchodolski, S. (2006) . Páxina 56.
miniatura|Tumba de Ryszard Kiersnowski no cemiterio de Powazki.
Logo do seu falecemento en Varsovia o 7 de xullo de 2006, foi soterrado no cemiterio de Powazki, nesa cidade."Cmentarz Stare Powazki ". Warszawskie Zabytkowe Pomniki Nagrobne.
Recoñecementos Oficial da Orde Polonia Restituta (Order Odrodzenia Polski). Cruz de Ouro ao Mérito. (1976): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
Ademais destes recoñecementos e premios, en 1985, co gallo do 60 aniversario de Ryszard Kiersnowski, diversos amigos, colaboradores e estudantes honrárono coa publicación dun volume conxunto dirixido por Stefan K, Kuczynski e titulado Nummus et Historia. Pieniadz Europy šred-niowiecznej ("Moeda e historia. O diñeiro da Idade Media en Europa").Kuczynski, S. K. et al. (1985).Recensión da obra (por Marc Bompaire). En Revue numismatique. 1988. 30. Société française de numismatique. Páxinas 286-287.
Publicacións Kiersnowski é autor de 11 monografías e arredor de 200 artigos, colaboracións e obras menores, fundamentalmente acerca da numismática e da historia do diñeiro na Idade Media."Kiersnowski, Ryszard". WorldCat.Gassowska, M. J. (1985). "Bibliografia prac prof. dr Ryszarda Kiersnowskiego za lata 1949–1984". En Kuczynski, S. K. et al. (1985).Kuczynski, S. K.; Suchodolski, S. (1996). "Bibliografia prac Prof. Ryszarda Kiersnowskiego za lata 1985–1996". En Wiadomosci Numizmatyczne. 40. 3-4. Páxinas 215-217.Meclewska, M. (2005). "Bibliografia prac Profesora Ryszarda Kiersnowskiego za lata 1997–2003 i uzupelnienia z lat 1968–1996". En Wiadomosci Numizmatyczne. 49. 2. Páxinas 133-137.
Monografías (1960): Pieniadz kruszcowy w Polsce wczesnosredniowiecznej ["Moedas preciosas da Polonia altomedieval"]. Panstwowe Wydawn. Varsovia. (1962): Poczatki pieniadza polskiego ["Os inicios da moeda polaca"]. Wiedza Powszechna. Varsovia. (1964): Wstep do numizmatyki polskiej wieków srednich ["Introdución á numismática polaca da Idade Media"]. Panstwowe Wydawn. Varsovia. (1969): Wielka reforma monetarna XIII-XIV. I. ["A gran reforma monetaria dos séculos XIII-XIV]. Panstwowe Wydawn. Varsovia. (1975): Pradzieje grosza. ["Prehistoria do grosz"]. Wiedza Powszechna. Varsovia. (1977): Zycie codzienne na Slasku w wiekach srednich ["A vida cotiá en Silesia na Idade Media"]. Panst. Instytut Wydawniczy. Varsovia. (1980): Moneta - Swiadek historii ["Moeda: testemuño da historia"]. Varsovia. (1988): Moneta w kulturze wieków srednich ["A moeda na cultura da Idade Media"]. Panstwowy Instytut Widawniczy. Varsovia. (1990): Niedzwiedzie i ludzie w dawnych i nowszych czasach. Fakty i mity. ["Osos e persoas nos novos e nos vellos tempos. Feitos e Mitos"]. Panstwowy Instytut Wydawniczy. Varsovia. ISBN 9788306017854 (1994): Tam i wtedy. W Podweryszkach, w Wilnie i w puszczy. 1939-1945 ["Alá e despois. En Podweryszki, en Vilnius e no bosque"]. Spotkania. Varsovia. ISBN 9788371150050 (1995): Nauka i pasja. 150 lecie dzialalnosci numizmatyków polskich ["Ciencia e paixón. 150 anos de actividade dos numismáticos polacos"]. Częstochowa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sociedadde Numismática Polaca
Bibliografía Borodziej, W. (2007). "In Memoriam: Ryszard Kiersnowski". En Rocznik CXIV. 3. Páxinas 195-205. Kuczynski, S. K. et al. (1985). Nummus et Historia. Pieniadz Europy šred-niowiecznej. Varsovia. Páxinas 7-23. ISBN 9788300022441 Suchodolski, S. (2006). "Ryszard Kiersnowski (1925-2006) ". En Compte rendu 53. International Numismatic Council. Páxinas 55-58.
Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Vilnius Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Numismáticos de Polonia Categoría:Historiadores de Polonia Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Alumnos da Universidade Iaguelónica de Cracovia