Xïwaz Qaýırqızı Dospanova, nada en Qurmanğazı o 15 de maio de 1922 e finada en Almati o 21 de maio de 2008, foi unha política e militar kazaka da época soviética, a única muller piloto kazaka da segunda guerra mundial.

Traxectoria Naceu no litoral norte do Caspio. Seu pai, Qaýır, era pescador e súa nai, Merwert, mestra e ámbolos dous pertencían ao clan masqar da tribo baýulı. Non puido estudar na única escola kazaka de Oral e formouse nunha escola rusa. Asistiu a un curso de formación de pilotos e en 1940 recibiu un certificado de piloto de reserva. Logo foi a Moscova e intentou ingresar na Academia da Forza Aérea pero tras rexeitala ingresou no Instituto Médico de Moscova. Ao estoupar a guerra intentou ir á fronte como enfermeira pero ao saber que a piloto Marina Raskova estaba a organizar un corpo de mulleres pilotos presentouse como voluntaria e aceptárona "Қаһарман қыз Хиуаз". Ana Tili, 20 de xaneiro de 2010 e entrou a formar parte do 588º Rexemento de Bombardeo Nocturno, denominado dende 1943 46º Rexemento Tamán de Gardas de Bombardeo Nocturo, e as súas pilotos coñecidas polos alemáns co alcume de "bruxas da noite". miniatura|esquerda|Un Polikarpov Po-2 semellante ao que Dospanova realizaba as súas misións aéreas. O 1 de abril de 1943 nunha aterraxe tras unha misión ao Polikarpov Po-2 no que ela e Yuliya Pashkova voaban golpeouno a aeronave de Polina Makagon e Lydia Svistunova. No accidente morreron Makagon e Svistunova e Pashkova morreu durante unha intervención cirúrxica de urxencia. Nun primeiro momento deron por morta a Dospanova ao non se mover pero aínda vivía e tras varias cirurxías que lle practicaron durante varios días logrou sobrevivir sen amputacións malia a gangrena que se desenvolveu nas súas dúas pernas. Seis meses despois volveu á súa unidade e ao pouco, polas dificultades que tiña para camiñar e precisar axuda para entrar e saír do seu aeroplano, pasou a dirixir a oficina de comunicacións da unidade. Non obstante, aínda voou como copiloto en misións de combate, totalizando un total de 300 misións ao final da guerra, e tomou parte en batallas ao longo da Europa Oriental, dende ao Cáucaso, Kubán, Tamán, Crimea, Polonia ou Alemaña.

Logo de volver da fronte ofrecéronlle traballar para o Partido Comunista de Kazakhstán (PCUS) e acudiu á escola de dirixentes do partido en Almati e despois traballou como instrutora do partido en Kazakhstán Occidental, foi secretaria do Comité Central do Komsomol de Kazakhstán. En 1951 elexírona deputada do Soviet Supremo da RSS de Kazakhstán na primeira sesión designárona secretaria do Presídium do SS da RSS de Kazakhstán e foi tamén secretaria do comité do partido en Almati. Retirouse da vida pública en 1959 ao deteriorarse a súa saúde por mor das lesións sufridas durante a guerra. Escribiu dous libros de memorias de guerra, en 1960 publicou en ruso Pod komandovaniem Raskovoii e en 1963 en kazako Xalqım üşin.

O 7 de decembro de 2004 un decreto presidencial recoñecíaa como heroína de Kazakhstán.

Notas

Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Kazakhstán Categoría:Militares da Unión Soviética Categoría:Aviadores militares Categoría:Políticos de Kazakhstán Categoría:Aviadores da Unión Soviética