Ana Kalandadze, nada en Chokhatauri o 15 de decembro de 1924 e finada en Tbilisi o 11 de marzo de 2008, foi unha poeta xeorxiana .
Traxectoria miniatura|esquerda|Casa natal de Ana Kalandadze en Khidistavi Naceu no seo dunha familia campesiña na aldea de Khidistavi da rexión de Guria. Formouse no instituto de Kutaisi ata 1941 e logo continuou estudos de filoloxía na Universidade Estatal de Tbilisi para graduarse en linguas caucásicas en 1946. Os seus primeiros poemas publicounos nas revistas Literatura da khelovneba e Mnatobi no ano da súa graduación. Dende 1952 traballou como investigadora principal no departamento de lexicoloxía do Instituto de Lingüística Arnold Chikobava da Academia de Ciencias de Xeorxia. En 1953 apareceu a súa primeira colección de poemas e sucesivas recolleitas da súa poesía apareceron en 1958, 1960, 1967 e 1976. Publicou máis de 700 poemas nun estilo elaborado con rimas sutiles e curtas, raramente con máis de oito versos, e un lirismo persoal, que acadaron moita popularidade dende o comezo e moitos deles transformáronse en cancións populares. Dende 1993 foi académica da Academia de Ciencias de Xeorxia.
Traduciu ao xeorxiano a Stéphane Mallarmé e Aleksandr Pushkin entre outros poetas clásicos. Notas
Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados na rexión de Guria Categoría:Escritores en lingua xeorxiana Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Tbilisi Categoría:Tradutores Categoría:Académicos Categoría:Escritores de Xeorxia