miniatura|256px|MetOp C antes do lanzamento. MetOp (Meteorological Operational) é primeira familia de satélites meteorolóxicos polares europeos.

Características MetOp é a contribución europea ao Initial Joint Polar System, un acordo cooperativo entre Eumetsat e a NOAA estadounidense para compartir datos climáticos e meteorolóxicos. Lanzáronse tres satélites MetOp:

MetOp A, o 19 de outubro de 2006 mediante un foguete Soiuz-2-1a Fregat desde o cosmódromo de Baikonur. MetOp B, o 16 de setembro de 2012 tamén cun Soiuz-2-1a Fregat desde Baikonur. MetOp C, o 7 de novembro de 2018 usando un Soiuz-ST-B Fregat-M desde o Centro Espacial de Kourou.

A principal misión dos satélites é medir a temperatura e humidade da atmosfera e os océanos, así como observar a capa de nubes, medir a velocidade do vento na superficie do mar e monitorizar o contido de ozono na atmosfera. Para iso levan a bordo os seguintes instrumentos:

A/DCS (Advanced Data Collection System) - Argos-3 AMSU (Advanced Microwave Sounding Unit) ASCAT (advanced scatterometer) AVHRR/3 (Advanced Very High Resolution Radiometer) GOME-2 (Global Ozone Monitoring Experiment–2) GRAS (GNSS receiver for atmospheric sounding) HIRS/4 (High Resolution Infrared Sounder) IASI (Infrared Atmospheric Sounding Interferometer) MHS (Microwave Humidity Sounder) SARP/3 (Search And Rescue Processor) SARR (Search And Rescue Repeater) SEM-2 (Space Environmental Monitor)

Os satélites, construídos por EADS Astrium, teñen unha masa de cerca de 4000 kg e foron inxectados en órbitas heliosincrónicas de 800 km de altura. Cada satélite, unha vez en órbita e cos paneis solares despregados, teñen unha dimensión de 17,6 x 6,5 x 5,2 m.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasMetOp A19 de outubro de 2006Soiuz-2-1a FregatÉxitoMetOp B17 de setembro de 2012Soiuz-2-1a FregatÉxitoMetOp C7 de novembro de 2018Soiuz-ST-B Fregat-MÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz-2-1a Fregat Soiuz-ST-B Fregat-M

Ligazóns externas Páxina de MetOp en EUMETSAT

Categoría:Satélites artificiais