O Rally Botafumeiro de 1987 foi a terceira edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1987 do Campionato de Galicia de Rally. Disputouse entre o 28 e o 29 de marzo de 1987 e o vencedor foi o vascofrancés Marc Etchebers, a bordo dun Porsche 911 SC.
Itinerario O rally dividiuse en dúas seccións, con dúas pasadas a tres treitos en cada unha delas. A primeira sección, na tarde do sábado, percorreu os treitos de Touro-Vilar (12,1 km), Cira (5,7 km) e A Ponte de Sarandón (5,9 km). A segunda sección, na noite do sábado para o domingo, constou dos treitos de Rois (7,7 km), Pontecesures-Xirimbao (11,7 km) e Vedra-San Xián (6,5 km), tamén a dúas pasadas cada un.
Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbil1 Marc Etchebers Pablo IglesiasPorsche 911 SC2 Germán Castrillón Estrella CastrillónRenault 5 GT Turbo3 Manuel Senra José MaceirasRenault 5 GT Turbo4 Alfonso Pavón Guillermo DíezRenault 5 GT Turbo5 José Luis Montero Eladio AnlloFiat Uno Turbo6 Arturo Rial Mario PazosRenault 5 GT Turbo7 Javier Arias Carlos FernándezSeat 124 FL 908 Chema Rodríguez Marta MoreiraRenault 5 GT Turbo9NavalCortésCitroën Visa GTI10 Julio González Eijo Máximo BorrazásRenault 5 GT Turbo
Notas
Categoría:Rally Botafumeiro Categoría:Tempada 1987 do Campionato de Galicia de Rally