Asasinato no Orient Express (en ) é un filme británico de 1974 dirixido por Sidney Lumet, producido por John Brabourne e Richard Goodwin, e baseado na novela homónima de Agatha Christie. O filme conta a historia do detective belga Hercule Poirot (Albert Finney), que ten que investigar o asasinato dun home de negocios estadounidense a bordo do tren Orient Express. Os sospeitosos son interpretados por un elenco composto por Lauren Bacall, Ingrid Bergman, Sean Connery, John Gielgud, Vanessa Redgrave, Michael York, Jacqueline Bisset, Anthony Perkins e Wendy Hiller. O guión é obra de Paul Dehn.
O filme foi un éxito comercial e da crítica. Recibiu seis nomeamentos na 47ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor actor (Finney), mellor actriz secundaria (Bergman), mellor guión adaptado, mellor banda sonora, mellor fotografía e mellor deseño de vestiario. De todos os nomeamentos, Bergman foi a única gañadora.
Estreouse en galego o 14 de xullo de 1996 a través da TVG.La Voz de Galicia, 14 de xullo de 1996. Páx. 87
Personaxes
Albert Finney como Hercule Poirot Lauren Bacall como Mrs. Hubbard Martin Balsam como Bianchi Ingrid Bergman como Greta Ohlsson Jacqueline Bisset como Condesa Helena Andrenyi Jean-Pierre Cassel como Pierre Paul Michel Sean Connery como Coronel Arbuthnot John Gielgud como Edward Beddoes Wendy Hiller como Princesa Natalia Dragomiroff Anthony Perkins como Hector McQueen Vanessa Redgrave como Mary Debenham Rachel Roberts como Hildegarde Schmidt Richard Widmark como Ratchett Michael York como Conde Rudolf Andrenyi Colin Blakely como Cyrus B. Hardman George Coulouris como Dr. Constantine Denis Quilley como Antonio Foscarelli Vernon Dobtcheff como Concierge Jeremy Lloyd como A.D.C. John Moffatt como Chief Attendant
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Sidney Lumet Categoría:Filmes baseados en obras de Agatha Christie Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1930 Categoría:Filmes ambientados en 1935 Categoría:Filmes rodados en Turquía Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes ambientados en Istanbul Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes de 1974 con versión en galego Categoría:Hércules Poirot