Vogue é unha revista de moda e estilo de vida, considerada a máis importante e influente do mundo publicada dende 1892 por Condé Nast Publications en 23 países. Mensualmente publica traballos de estilistas, escritores, fotógrafos e deseñadores dentro dunha perspectiva sofisticada do mundo da moda, da beleza e da cultura pop.

A edición británica foi a primeira edición internacional, mentres que a versión italiana (Vogue Italia) foi chamada a principal revista de moda do mundo.

Historia Vogue foi lanzada o 17 de decembro de 1892 na cidade de Nova York, ideada por Arthur Baldwin Turnure e o patrocinador Kristoffer Wright,Penelope Rowlands (2008) A Dash of Daring: Carmel Snow and Her Life in Fashion, Art, and Letters Simon and Schuster, 2008. como un pequeno folletín de moda de aproximadamente 30 páxinas, destinado ás mulleres da alta sociedade neoiorquina do final do século XIX. A popularización da moda aconteceu co seu lanzamento, tendo nos seus primeiros números personalidades como Gertrude Vanderbilt Whitney vestindo as súas propias roupas. A primeira editora-xefa da revista foi Josephine Redding, que ficou no cargo ata 1901. Debido ao aumento do contido a revista pasou a ser unha publicación quincenal en 1902. miniatura|Portada do número de maio de 1917 da edición estadounidense A historia de Vogue comezou a mudar en 1909, cando foi adquirida polo grupo Condé Nast Publications, que fixo da revista o punto de partida dun imperio editorial internacional. A primeira edición baixo o novo propietario foi lanzada o día 24 de xuño, e mostraba, entre outras cousas, os vestidos empregados polas mulleres máis ricas dos Estados Unidos. A publicación, alén de se tornar mensual, tivo seu contido reformulado para volvela máis atraente, e transformou a moda en “obxecto de desexo” e “soño de consumo” para as mulleres. Condé Nast transformou a publicación, ata entón un pequeno semanario, nunha das revistas de moda máis influentes do século XX. A edición británica da revista foi lanzada en 15 de setembro de 1916, sendo a primeira fóra dos Estados Unidos. A edición francesa lanzouse o día 15 de xuño de 1920, e foi unha das máis importantes polo seu éxito internacional.

En xullo de 1932, Vogue incluíu a súa primeira fotografía en cor na portada. A fotografía foi tomada por Edward Jean Steichen e era un retrato dunha bañista cun balón de praia no aire. Laird Borrelli indica que Vogue provocou o declive das ilustracións de moda a finais da década de 1930, cando comezou a cambiar as ilustracións das portadas de artistas como Dagmar Freuchen, con fotografías.

A revista comezou a gañar o título de “Biblia da Moda” na década de 1960 cando Diana Vreeland se converteu na editora-xefa da publicación. A partir de entón a revista pasou a ter un estilo máis novo, centrado na revolución sexual da época, abordando máis a moda contemporánea, alén de editoriais que discutían a sexualidade. Baixo a dirección de Vreeland a revista conseguiu superar a súa principal rival, Harper's Bazaar, considerada ata entón a maior publicación de moda do planeta. En outubro de 1964 lanzouse a edición italiana da Vogue. En marzo de 1966 Donyale Luna foi a primeira modelo negra que apareceu na portada de Vogue, na edición inglesa. Na década seguinte, con Grace Mirabella, que asumiu o cargo de editora-xefa en 1971, a revista pasou a apostar por editoriais máis extensos e elaborados, adoptando un estilo distinto para atender as mudanzas de seu público. En 1973, Vogue converteuse nunha publicación mensual.

A partir de 1988 Anna Wintour asumiu o cargo de editora-xefa e transformou a publicación. Baixo a súa dirección, varios estilistas e modelos ata entón descoñecidos convertéronse en celebridades. Tamén foi responsábel do lanzamento de varios novos produtos segmentados, como a versión online, que apareceu por primeira vez en 1996; a innovadora Teen Vogue, unha revista para mozas, que tiña como foco a moda e as celebridades, mais tamén ofrecendo información sobre diversión e actualidades, lanzada en marzo de 2003. Outros títulos como Men’s Vogue, para o público masculino, Vogue Living, lanzada en 2006, dedicada ao deseño e a decoración do fogar. Chegaron a lanzarse outros suplementos especiais dedicados ás pasarelas, ás vodas ou ás xoias, mais foron eliminados polos altos custos e as baixas vendas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Archived issues en HathiTrust

Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América Categoría:Revistas en lingua inglesa Categoría:Moda