Lydia Lunch, nada como Lydia Anne Koch o 2 de xuño de 1959Martin Charles Strong. The Great Indie Discography. 2003, p. 85Masters 2007, p. 73 é unha cantante, poeta, actriz e escritora estadounidense. A súa carreira xurdiu da escena no wave de Nova York nos anos 70, principalmente como a cantante e guitarrista da banda Teenage Jesus and the Jerks.

O seu traballo normalmente presenta unha provocativa e conflitiva música noise, e mantén unha ética anti-comercial,Masters 2007, pp. 73-108 operando independentemente de grandes selos e distribuidores. O Boston Phoenix nomeou a Lunch un dos dez intérpretes máis influentes dos 90. A súa colaboración con Sonic Youth en "Death Valley '69" foi nomeada unha das "50 cancións máis malvadas da historia" por Kerrang!.

A carreira en solitario de Lunch conta con colaboración con músicos como J. G. Thirlwell, Exene Cervenka, Kim Gordon, Thurston Moore, Bob Bert, Nick Cave, Marc Almond, Billy Ver Planck, Steven Severin, Robert Quine, Sadie Mae, Rowland S. Howard, Michael Gira, The Birthday Party, No Trend, Sort Sol, Einstürzende Neubauten, Sonic Youth, Oxbow, Die Haut, Omar Rodriguez-Lopez, Black Sun Productions, e a banda francesa Sibyl Vane, que musicou un dos seus poemas.

Biografía Lunch naceu o día 2 de xuño de 1953 en Rochester, Nova York. Cando tiña 16 anos de idade mudouse á cidade de Nova York e finalmente mudouse a unha casa comunal de artistas e músicos.

Música Despois de facerse amiga de Alan Vega e Martin Rev, da banda Suicide, no club Max's Kansas City, fundou a banda de no wave de curta vida pero moi influente Teenage Jesus and the Jerks con James Chance.Masters 2007, p. 82 Tanto Teenage Jesus and the Jerks como The Contortions, A seguinte banda de Chance, apareceron no recompilatorio no wave No New York, producido por Brian Eno. Lunch despois participou en dúas cancións do álbum de James White and the Blacks Off-White. Estivo noutras dúas bandas de curta duración antes de lanzar a súa carreira en solitario en 1980, Beirut Slump e 8 Eyed Spy.Forced Exposure, Issue #10, 1986

A mediados dos anos 80 formou a súa propia compañía discográfica e de distribución, Widowspeak Productions, coa cal continúa publicando o seu propio material, dende música a palabra falada. Dous álbums editados polo selo de Lunch apareceron en 2013: Collision Course & Trust The Witch, de Big Sexy Noise (publicado por Cherry Red), e Retrovirus (publicado por Interbang Records); os dous son proxectos musicais de Lunch.

Lunch publicou o seu álbum de estudio Smoke in the Shadows en novembro de 2004, a través dos selos Atavistic Records e Breakin Beats, despois de pasar seis anos afastada da música. Nels Cline, o guitarrista solista da banda de rock alternativo Wilco, apareceu no álbum. Smoke in the Shadows tivo recensións positivas en Allmusic, PopMatters, e Tiny Mix Tapes.

En 2009 Lunch formou a banda Big Sexy Noise. O grupo conta con Lunch (voz), James Johnston (guitarra), Terry Edwards (órgano e saxofón), and Ian White (batería). Johnston, White e Edwards son membros da banda británica Gallon Drunk. Un EP homónimo de seis pistas foi lanzado o 1 de xuño de 2009, a través de Sartorial Records, e incluía unha versión da canción de Lou Reed "Kill Your Sons", ademais de "The Gospel Singer", un tema coescrito con Kim Gordon. O seu álbum de estrea, Big Sexy Noise, foi lanzado en 2010, seguido de Trust The Witch en 2011. Para ámbolos dous álbums, Lunch e a súa banda completaron xiras por Europa.

En 2010, The Jeffrey Lee Pierce Sessions Project lanzou We Are Only Riders, o primeiro dunha serie de catro álbums que incluían traballos en proceso inéditos de Pierce. O álbum presenta interpretacións do traballo de Pierce por parte de amigos, colaboradores e admiradores, incluínda Lunch. Lunch tamén contribuíu ao segundo álbum do proxecto, The Journey is Long, que foi lanzado en abril de 2012.

Aínda que o terceiro e último álbum do Pierce Sessions Project, The Task Has Overwhelmed Us, ía lanzarse a finais de 2012, a data prevista cambiou despois do lanzamento da segunda entrega. Glitterhouse Records, o selo produtor da colección, lanzou un terceiro álbum titulado Axles & Sockets en maio de 2014, no que Lunch interpreta "The Journey Is Long" coas gravacións de Pierce. O selo explicou que o terceiro álbum converteuse no "penúltimo" lanzamento de longa duración do proxecto, pero non nomeou o álbum final, nin a súa data de lanzamento."The Jeffrey Lee Pierce Sessions Project". Glitterhouse Records. 2 de maio de 2014

Lunch lanzou o álbum Retrovirus (tamén o nome da banda coa que o interpreta) en 2013 a través de Interbang Records e ugEXPLODE (a gran maioría dos temas do álbum son publicados por Widowspeak). Xunto cos membros da banda Weasel Walter, Algis Kizys e Bob Bert, Lunch realizou un concerto despois do lanzamento do álbum no local de Bowery Electric na cidade de Nova York, en maio de 2013.

En marzo de 2022, o Centro de Música Popular (CPM) da Universidade Estatal de Middle Tennessee nomeouna destinataria do Premio CPM Fellows. Os únicos destinatarios anteriores deste honor foron Barry Gibb e Lamont Dozier.

Cine Lunch apareceu en dous filmes dos directores Scott B e Beth B. En Black Box interpretou a unha dominatrix, e en Vortex interpretou a unha detective privada chamada Angel Powers. Durante este tempo, tamén apareceu nunha serie de películas de Vivienne Dick, incluíndo She Had Her Gun All Ready (1978) e Beauty Becomes The Beast (1979), co-protagonizada con Pat Place.Masters 2007, p. 160 En 2011, Lunch apareceu en Mutantes: punk, porn, feminism, unha película dirixida por Virginie Despentes, na que tamén participan Annie Sprinkle e Catherine Breillat. Tamén escribiu, dirixiu e actuou en películas underground, ás veces colaborando co cineasta underground Nick Zedd e co fotógrafo Richard Kern.

Palabra falada Lunch gravou e actuou como artista de palabra falada, colaborando con outros artistas como Exene Cervenka, Henry Rollins, Don Bajema e Hubert Selby Jr., ademais de ser a presentadora do espectáculo de falabra falada "The Unhappy Hour" no Parlour Club, en West Hollywood.

Literatura En 1997 Lunch publicou Paradoxia, unha autobiografía solta na que documentou os seus primeiros anos, a súa historia sexual, o seu abuso de substancias e os seus problemas de saúde mental.

Notas

Bibliografía

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Nados en 1959 Categoría:Vocalistas