Aprendendo a conducir (en ) é un filme estadounidense de 2014 dirixido por Isabel Coixet e escrito por Sarah Kernochan. Baséase nun artigo do New Yorker escrito por Katha Pollitt,"Patricia Clarkson as Katha Pollitt in Isabel Coixet's Learning to Drive" . Indiewire, 21 de agosto de 2013. e está protagonizado por Patricia Clarkson no papel Wendy, unha exitosa crítica literaria que toma leccións de condución co instrutor Darwan (Ben Kingsley) logo de fracasar o seu matrimonio con Ted (Jake Weber) o cal a obriga a ser máis autosuficiente. É a segunda colaboración entre Ben Kingsley, Patricia Clarkson e Isabel Coixet.
Estreouse en galego o 10 de xaneiro de 2018 a través da TVG.La Voz de Galicia, 10 de xaneiro de 2018. Páx. 46 A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Personaxes Patricia Clarkson como Wendy Shields Voz da dobraxe galega de Charo Pena. Ben Kingsley como Darwan Singh Tur Voz da dobraxe galega de Tacho González. Grace Gummer como Tasha Jake Weber como Ted Sarita Choudhury como Jasleen John Hodgman como Car Salesman Samantha Bee como Debbie Matt Salinger como Peter Daniela Lavender como Mata Michael Mantell como pai de Wendy Avi Nash como Preet Bryan Burton como o estudante condutor Nora Hummel como o examinador de condución
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Isabel Coixet Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego