MasterChef Celebrity España é un programa de televisión español de competición gastronómica entre famosos.

É un formato baseado nun programa de cociña emitido pola televisión británica que ten o mesmo título e que produce Televisión Española en colaboración con Endemol Shine Iberia.

A súa estrea foi o 6 de novembro de 2016 con Eva González como presentadora (até a terceira edición) e con Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera como membros do xurado. Tras a marcha de Eva González, o propio xurado asumiu ser presentadores do formato.

Historia A principios do ano 2016, confirmouse que La 1 estaba a preparar unha nova edición do programa MasterChef España pero que esta vez contaría con famosos expondo os seus dotes culinarios. Pasaron uns meses ata que o 13 de xuño de 2016 confirmáronse as primeiras participacións oficiais. Eran confirmados: a actriz Loles León e o actor Fernando Tejero (ambos coñecidos polas exitosas series chamadas Aquí non hai quien viva e La que se avecina). Días despois, confirmáronse tamén a participación da cantante Niña Pastori e a participación da actriz Cayetana Guillén Cuervo.

Pola súa banda, o 15 de xuño do 2016 confirmouse a participación da cantante María del Monte aínda que abandonou o programa despois de facer dúas emisións e foi substituída pola modelo Estefanía Luyk. Ademais, o 16 de xuño de 2016 confirmouse a participación de Fonsi Nieto. Un día máis tarde, confirmouse a participación do matrimonio de Manuel Díaz González e Virginia Troconis. Ademais, confirmouse tamén a participación do actor Miguel Ángel Muñoz.

Tras o éxito da primeira edición, confirmouse que La 1 estaba a preparar unha nova edición do programa con famosos diferentes á da primeira edición. Así, nas últimas semanas de maio de 2017 confirmouse todo o casting para a segunda edición do programa. Entre eles figuran os cómicos e humoristas Edu Soto, José Corbacho, Silvia Abril e Anabel Alonso; os actores e actrices Pepón Nieto, Patricia Montero, Marina San José e Bibiana Fernández; a presentadora Usun Yoon; o modelo Juan Betancourt; o medallista olímpico Saúl Craviotto e o cantante Carlos Baute.

A terceira edición tivo como concursantes ás actrices Paula Prendes, Dafne Fernández, María Castro e Paz Vega; aos actores Santiago Segura e Iván Massagué; aos cantantes Mario Vaquerizo e Xuso Jones; e completárono Boris Izaguirre, Carmen Lomana, Antonia Dell’Atte, Javier Nava e Óscar Higares.

Para a cuarta edición anunciouse que o casting estaría formado polas actrices Ana Milán, Marta Torné e Elena Furiase; os actores Félix Gómez e Álex Adrover; a deportista Almudena Cid, así como José Miguel Antúnez exjugador de baloncesto; os cantantes Juan Salazar, José Salazar e El Sevilla; e por outras celebridades como Vicky Martín Berrocal, Juan Avellaneda, Tamara Falcó e Ana Obregón. No programa catro desa edición incorporáronse como concursantes oficiais Anabel Alonso e Boris Izaguirre, ambos os participantes de edicións anteriores.

O 4 e 5 de maio de 2020 anunciáronse os famosos que participarían no concurso na quinta edición, entre eles atópanse as actrices Melani Olivares e Laura Sánchez López; os actores Nicolás Coronado, Jesús Castro e Juan José Ballesta; os cómicos e humoristas Florentino Fernández e La Terremoto de Alcorcón; as presentadoras Raquel Sánchez Silva e Raquel Meroño; e completárono Celia Villalobos, Josie, Gonzalo Miró, Ainhoa Arteta, Pedro Delgado e Lucía Dominguín.

Formato As probas ás que tiñan que facer fronte os participantes son:

Caixa misteriosa (proba inicial): os concursantes recibían un ou máis ingredientes que deben utilizar no prato a cociñar dalgunha forma, ben ao seu estilo ou ben seguindo as indicacións ou consellos que dea o xurado. Unha vez terminado o tempo os xuíces «deliberan» e os dous mellores pratos serán os capitáns da seguinte proba. O mellor aspirante será recompensado dalgún xeito, xeralmente con privilexios na proba de exteriores, tales como elixir equipo ou os pratos a realizar. Proba por equipos: esta proba realizábase fóra das cociñas de Masterchef. Os concursantes irán cada semana a lugares impresionantes, xeralmente para cociñar para personalidades públicas ou recoñecidas. Os concursantes divídense en dous equipos é dicir, o vermello e o azul polo que o capitán de cada un debe escoller aos integrantes e o menú a cociñar empezando polo mellor da proba inicial. Os concursantes terán que cociñar de forma organizada para lograr sacar todos os pratos a tempo. O equipo peor valorado terá que enfrontarse á proba de eliminación. Proba de eliminación: o equipo ou os concursantes que mellor o fixeron na proba anterior quedaban exentos desta proba e observaban aos seus compañeiros que perderan. Os concursantes perdedores debían cociñar a receita que indiquaba o xurado. O xurado «deliberaba» e o dono/a do «peor» prato abandonaba o programa definitivamente. Proba de presión (proba inicial): a proba máis dura. Unha ou varias estrelas importantes da cociña visitaban o programa, aprendíanlles algunha das súas creacións mestras e tíñana que reproducir da maneira máis fidedigna posible á orixinal seguindo as indicacións e os pasos do mestre. Reto creativo (proba inicial): os aspirantes estaban limitados a usar uns ingredientes, e con eles debían cociñar un prato tratando de que os ingredientes propostos combinasen de forma adecuada. O xurado podía dar indicacións.

Equipo Presentadora

Presentador Profesión Duración Edicións Eva González Presentadora de televisión 2016 - 2018 1, 2, 3

Xurado

Xurado Profesión Duración Edicións Pepe Rodríguez Cociñeiro profesional 2016 - actualidade 1, 2, 3, 4, 5 Jordi Cruz Cociñeiro profesional 2016 - actualidade 1, 2, 3, 4, 5 Samantha Vallejo-Nágera Cociñeira profesional 2016 - actualidade 1, 2, 3, 4, 5

Tempadas TempadaProgramasParticipantesEstreaFinalGañador/aAudiencia mediaEspectadoresCota16106 de novembro de 201613 de decembro de 2016Miguel Ángel Muñoz3 282 00023,7%2101219 de setembro de 201721 de novembro de 2017Saúl Craviotto2 730 00023,5%311149 de setembro de 201825 de novembro de 2018Ona Carbonell2 859 00020,5%4121711 de setembro de 201927 de novembro de 2019Tamara Falcó2 383 00021,7%5121615 de setembro de 2020decembro de 2020TBA**TOTAL39512 814 00022,4% O símbolo (*) significa que aínda está por determinar xa que hai unha edición que non se gravou de momento.

Primeira edición (2016) A principios do ano 2016, confirmouse que La 1 estaba preparando a nova edición do programa MasterChef España pero que contaría con famosos, a cal foi estreada o 6 de novembro de 2016 e finalizou o 13 de decembro de 2016.

Aspirantes NomeProcedenciaIdadeProfesiónInformación Miguel Ángel Muñoz Madrid 32 anos Actor Gañador Cayetana Guillén Cuervo Madrid 47 anos Actriz e presentadora de televisión 2º Lugar Loles León Barcelona 65 anos Actriz 3er Lugar Fernando Tejero Córdoba 49 anos Actor 4º Lugar Virginia Troconis Arganda del Rey 36 anos Modelo e muller de Manuel Díaz González 5ª Expulsada Manuel Díaz González Arganda del Rey 47 anos Torero 4º Expulsado Estefanía Luyk Madrid 40 anos Modelo Reserva / 3ª Expulsada Fonsi Nieto Madrid 37 anos Expiloto de motociclismo 2º Expulsado María del Monte Sevilla 54 anos Cantante e presentadora de televisión Abandonou voluntariamente Niña Pastori San Fernando 38 anos Cantante 1ª Expulsada

Estadísticas semanais Posto Aspirante Episodio123456 PI PEX PEL PIPEX Proba realizada por equipos, pero xulgada individualmente. PEL PI PEX PEL PI PEX PEL PI PEX PEL PI PEX DF 1 MD AD IN DG AD IN BD EG IN BD EP BD GD MD AD SMD GDGAÑADOR 2Cayetana AD MD AD DG AD IN BD EG IN AD EP GD MD MD AD GD IN2º LUGAR 3Loles MD GD IN MD GD IN BD EP GD AD EG IN MD GD IN BD EL 4Fernando GD MD AD MD AD IN BD EP BD AD EG IN MD SMD AD MD EL 5Virginia MD MD AD MD BD SPD GD EP BD AD EP BD MD MD EL 6Manuel MD AD IN MD BD GD BD EG IN BD EG EL 7Estefanía BD EP EL 8Fonsi MD BD IN MD BD EL 9 AD MD SPD MD BD AB 10 MD MD EL (PI) Proba inicial, (PEX) Proba de exteriores, (PEL) Proba de eliminación, (DF) Duelo final.

Lenda (GAÑADOR) Gañador. (EG) O Equipo Azul o gañador. (EP) O Equipo Azul o perdedor. (2º LUGAR) Segundo lugar. (EG) O Equipo Vermello o gañador. (EP) O Equipo Vermello o perdedor. (IN) Inmunidade. (EG) O Equipo Branco o gañador. (EP) O Equipo Branco o perdedor. (IN) Inmunidade extra. (EG) O Equipo Verde o gañador. (EP) O Equipo Verde o perdedor. (NP) Non participou na proba. (DC) Exerceu doble capitanía. (GD) Gañou a proba. (DD) Ganou o "delantal dourado". (PIN) Gañou o "pin de inmunidade". (SMD) Segundo mellor traballo. (DG) Formou parte do dúo gañador. (AD) Alto desempeño. (DP) Formou parte do dúo perdedor. (MD) Traballou intermedio. (ENT) Entrou ao concurso. (BD) Mal traballo. (REG) Regresou ao concurso. (SPD) Segundo peor traballo. (AB) Abandonou o concurso. (EL) Eliminado / Eliminada. (DSC) Descualificado. Nota

Episodios e audiencias DataCaracterísticas do programaAudiencia06/11/2016Gala 1 / Expulsión Niña Pastori 3 271 000 (21,0%) 'Masterchef Celebrity' lidera con un magnífico 21% y supera al estreno de sus otras ediciones08/11/2016Gala 2 / Expulsión Fonsi Nieto / Abandona María del Monte 2 886 000 (21,0%)"El niño" (23,9%) también tiene la receta del éxito en televisión y 'El club de la comedia' vuelve con un 8,3%15/11/2016Gala 3 / Entrada e Expulsión Estefanía Luyk 3 320 000 (24,1%) 'Amores perros' (5,3%) se estrena discreto en una noche en la que lideran el fútbol y 'MasterChef Celebrity'22/11/2016Gala 4 / Expulsión Manuel Díaz González 3 222 000 (23,0%)'Lo que escondían sus ojos' (19,3%) era un notable dato aunque 3,7 puntos por debajo de 'MasterChef Celebrity'29/11/2016Gala 5 / Expulsión Virginia Troconis 3 500 000 (24,8%) 'MasterChef Celebrity' arrasa en su semifinal con un impresionante 24,8% y 'Lo que escondían sus ojos' resiste13/12/2016Gala 6 / Gañador Miguel A. Muñoz / 2ª Cayetana Guillén / 3ª Loles León / 4º Fernando Tejero 3 499 000 (28,2%) Miguel Ángel Muñoz se proclama ganador de 'MasterChef Celebrity' ante un formidable 28,2% de la audiencia

Segunda edición (2017) Tras o éxito da primeira edición, RTVE renovou o programa e o 19 de setembro de 2017 comezou a segunda edición do programa que finalizou o 21 de novembro de 2017.

Aspirantes NomeProcedenciaIdade ProfesiónInformación Saúl Craviotto Xixón 32 anos Piragüista, medallista olímpico Gañador Silvia Abril Mataró 46 anos Actriz, presentadora de televisión e humorista 4ª Expulsada / 2º Lugar José Corbacho L'Hospitalet de Llobregat 51 anos Actor, humorista e director de cine 3er Lugar Patricia Montero Valencia 28 anos Actriz 4º Lugar Edu Soto Mataró 38 anos Actor e humorista 9° Expulsado Anabel Alonso Barakaldo 52 anos Actriz, presentadora de televisión e humorista 8º Expulsada Bibiana Fernández Madrid 63 anos Cantante, actriz e colaboradora de televisión 7ª Expulsada Juan Betancourt A Habana 27 anos Modelo 6º Expulsado Pepón Nieto Marbella 50 anos Actor 5° Expulsado Marina San José Madrid 34 anos Actriz e filla de Víctor Manuel e Ana Belén 3ª Expulsada Carlos Baute Madrid 43 anos Cantante, compositor e presentador de televisión 2º Expulsado Usun Yoon Madrid 39 anos Actriz e presentadora de televisión 1ª Expulsada

Estatísticas semanais