Arde París? (en ) é un filme franco-estadounidense de 1966 dirixido por René Clément e cun guión de Gore Vidal, Francis Ford Coppola, Jean Aurenche, Pierre Bost e Claude Brulé. A historia conta a liberación de París en agosto de 1944 por parte da Resistencia francesa e das forzas da Francia Libre durante a segunda guerra mundial. A historia é unha adaptación do libro Is Paris Burning? de Larry Collins e Dominique Lapierre. O filme conta cun elenco internacional composto por actores franceses (Jean-Paul Belmondo, Alain Delon, Bruno Cremer, Pierre Vaneck, Jean-Pierre Cassel, Leslie Caron, Charles Boyer, Yves Montand), estadounidenses (Orson Welles, Kirk Douglas, Glenn Ford, Robert Stack, Anthony Perkins, George Chakiris), e alemáns (Gert Fröbe, Hannes Messemer, Ernst Fritz Fürbringer, Harry Meyen).

Estreouse en galego o 2 de setembro de 1995 a través da TVG.La Voz de Galicia, 2 de setembro de 1995. Páx. 29

Sinopse Pouco despois do fracaso do complto do 20 de xullo para asasinalo en 1944, Adolf Hitler, nomea o Xeneral de Infantaría Dietrich von Choltitz como gobernador militar do París ocupado. Hitler cre que Choltitz obedecerá a súa orde de non permitir que os aliados capturen a cidade sen que os alemáns a destrúan completamente, de xeito semellante á destrución planeada de Varsovia.

A resistencia francesa descobre que os aliados non planean tomar París, senón que se dirixen directamente a Alemaña. Os dous bandos da restistencia reaccionan de forma diferente: os gaullistas de Jacques Chaban-Delmas queren esperar a ver, mentres que os comunistas do coronel Rol-Tanguy queren poñerse en acción.

Personaxes Resistencia francesa

Jean-Paul Belmondo como Yvon "Pierrelot" Morandat Alain Delon como Jacques Chaban-Delmas Bruno Cremer como Coronel Henri Rol-Tanguy Charles Boyer como Dr. Robert Monod Pierre Vaneck como Comandante Roger Cocteau-Gallois Pierre Dux como Alexandre "Cerat" Parodi Leslie Caron como Françoise Labe Jean-Pierre Cassel como Tenente Henri Karcher Yves Montand como Marcel Bizien Claude Rich como Xeneral Philippe Leclerc Marie Versini como Claire Morandat Michel Piccoli como Edgard Pisani Claude Dauphin como Coronel Edmond Lebel Daniel Gélin como Yves Bayet Georges Staquet como Capitán Raymond Dronne Serge Rousseau como Pierre "Colonel Fabien" Gorges Georges Géret como "Comandante Georges" Jean Négroni como Pierre Villon Michael Lonsdale como Jacques Debu-Bridel Michel Etcheverry como prefecto Charles Luizet Sacha Pitoëff como Frédéric Joliot-Curie Simone Signoret como propietaria do café Paul Crauchet como Curé Roger Lumont como Claude "Jade Amicol" Arnould Félix Marten como Georges Landrieu Tony Taffin como Bernard Labé Bernard Fresson como oficial francés

Forzas aliadas

Kirk Douglas como o Tenente Xeneral George S. Patton Glenn Ford como o Tenente Xeneral Omar Bradley Robert Stack como o Brigadier Xeneral Edwin Sibert Anthony Perkins como o Sarxento Warren E.G. Marshall como Powell, oficial de intelixencia Skip Ward como Charlie, soldado de infantaría Billy Kearns como o Coronel Charles Codman George Chakiris como Sarxento

Ocupación alemá

Gert Fröbe como o Xeneral de Infantaría Dietrich von Choltitz, gobernador militar de París Hannes Messemer como o Generaloberst Alfred Jodl Ernst Fritz Fürbringer como o Generalleutnant Hans von Boineburg-Lengsfeld Jean-Louis Trintignant como "Captain Serge" Billy Frick como Adolf Hitler Harry Meyen como o Tenente von Arnim Claus Holm como Huhm Joachim Hansen como o Comandante da prisión de Fresnes Konrad Georg como o Generalfeldmarschall Walter Model Peter Jacob como o Xeneral de Infantaría Wilhelm Burgdorf Wolfgang Preiss como Hauptmann Ebernach Günter Meisner como comandante das Waffen-SS en Pantin Helmuth Schneider as a metro adjunct Karl-Otto Alberty e Peter Neusser como oficiais da Waffen-SS

Neutrais Orson Welles como Raoul Nordling, cónsul sueco en Francia

Notas

Véxase tamén Bibliografía Larry Collins e Dominique Lapierre, Is Paris Burning?, Nova York: Pocket Books, 1965.

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por René Clément Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en 1944 Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes de 1966 con versión en galego