Willy Georg Kükenthal, nado o 4 de agosto de 1861 en Weißenfels, Reino de Saxonia, e finado o 20 de agosto de 1922 en Berlín, capital da República de Weimar (Alemaña), foi un zoólogo alemán, especilizado no estudo`dos hidrozoos octocoraliarios e dos cetáceos.

Traxectoria Fillo de August Kükenthal, inspector de impostos do reino de Prusia, e da súa esposa Minna Wimmer, fixo os seus estudos primarios na súa vila natal, e os secuncarios en Halle. Despois esudou mineraloxía na Universidade de Múnic e, máis tarde, zooloxía na de Jena, doutorándose en Ciencias nesta última institución en 1884, cunha tese sobre as células linfoides dos anélidos. Viaxou polo mar do Norte con B. Weißenborn e uniuse ao departamento de zooloxía de Jena baixo a dirección de Ernst Haeckel en 1885.

miniatura|esquerda|100px|Ruta da expedición de 1896. miniatura|esquerda|100px|Veretillum cynomorium, en Das Tierreich 43: 1–132, de W. Kükenthal, 1915. En 1886, co apoio da Senckenberg Natural History Society, participou nunha expedición a Borneo e as Molucas. Especializouse no estudo dos octocoraliarios, unha subclase de hidrozoos que inclúe ós Pennatuláceos e outros corais brandos. En 1887 obtivo a súa habilitación, converténdose en profesor de Filoxenia na Universidade de Jena dous anos despois. Desde 1898 exerceu como profesor de Anatomía comparada e Zooloxía na Universidade de Breslau (hoxe Wrocław) e como director do seu Museo zoolóxico que na actualidade é o Museo de Historia Natural da Universidade de Wrocław (Muzeum Przyrodnicze Uniwersytetu Wrocławskiego en polaco).

En 1918 foi nomeado profesor de Zooloxía na Universidade de Berlín e director do seu Museo de Zooloxía. Ee 1918 a 1919 foi o presidente da Sociedade Zoolóxica Alemá.

Kükenthal tamén viaxou ás rexións do Ártico en expedicións realizadas en 1889, e viaxou de novo ás Molucas e a Borneo en 1893-1894. A súa gran colección de exemplares zoolóxicos atópase agora no Naturmuseum Senckenberg en Frankfurt. Ademais dos seus estudos zoolóxicos tamén realizou estudos etnográficos.

Kükenthal interesouse principalmente pola anatomía comparada e realizou investigacións anatómicas, embriolóxicas e de anatomía comparada dos cetáceos e outros mamíferos mariños. Foi partidario da lei bioxenética de Haeckel. A súa outra área de interese foi a sistemática dos celentéreos e dos cnidarios. Publicou Leitfaden für das Zoologische Praktikum (1898) e, desde 1913 editou, xunto con Thilo Krumbach, o Handbuch der Zoologie.

Algunhas publicacións Vergleichend-anatomische und entwickelungsgeschichtliche Untersuchungen an Walthieren. (1889). Forschungsreise in den Molukken und in Borneo: im Auftrage der Senckenbergischen naturforschenden Gesellschaft (1896). Leitfaden für das Zoologische Praktikum. (1898). Australien, Ozeanien und Polarländer, con Wilhelm Sievers. (1902, 1910). Pennatularia (1915). Gorgonaria (1919).

Honores Epónimos Hai máis de vinte especies zoolóxicas que levan o seu nome, incluíndo Calamorhabdium kuekenthali, Emoia kuekenthali,Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Kuekenthal", p. 147). Hemirhamphodon kuekenthali, Parantica kuekenthali e Lysmata kuekenthali.

Kükenthaløya, unha pequena illa situada entre Spitsbergen e Barentsøya foi así nomeada na súa honra.

Abreviatura A abreviatura Kükenthal emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Alumnos da Universidade de Jena Categoría:Profesores da Universidade de Jena Categoría:Profesores da Universidade de Wrocław Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Nados en 1861 Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Finados en 1922