A dos renílidos (Renillidae) é unha familia de cnidarios da clase dos antozoos, subclase dos octocoraliarios e orde dos pennatuláceos, constituída por un único xénero, Renilla.Renillidae no WoRMS.Renillidae Gray, 1860 no ITIS.

Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1870 polo naturalista británico John Edward Gray.

Xénero O xénero fora descrito en 1816 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.

Especies Segundo o WoRMS a familia comprende as seguintes especies:Renilla Lamarck, 1816 no WoRMS. Renilla amethystina Verrill, 1864 Renilla edwardsii Herklots, 1858 Renilla koellikeri Pfeffer, 1886 Renilla muelleri Kölliker, 1872 Renilla octodentata Zamponi & Pérez, 1996 Renilla reniformis (Pallas, 1766) - a especie tipo

Porén, o ITIS só recoñece tres:

Renilla koellikeri Pfeffer, 1886 Renilla muelleri Kölliker, 1872 Renilla reniformis (Pallas, 1766)

Catacterísticas A familia comprende especies encadradas comunmente entre os corais brandos, xa que carecen de esqueleto calcario como os corais da orde dos escleractinios, polo que non son corais hermatípicos.

Forman colonias de pólipos unidos por unha masa carnosa de cenénquima, ou tecido común xerado por eles, para soportaren a colonia.

Distínguense dos outros pinnatuláceos pola característica forma das colonias: o seu raque é moi ancho e de contorno circular ou reniforme (de aí o seu nome) e en forma de folla carnosa que soporta numerosos pólipos unicamente na cara superior, carecendo de eixe axial. En conxunto, a colonia parece un abano.Rivero, F. (1948): "Nuevos datos de Renilla chilensis" Pennatúlidos en duiops.net .

Distribución As especies desta familia están estendidas polas augas tropicais e subtropicais de América, tanto no Atlántico como no Pacífico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barnes, Robert D. (1968): Invertebrate Zoology. Filadelfia, Pensilvania, USA: Saunders. ISBN 978-0-7216-1561-5. Cordeiro, R.; McFadden, C.; van Ofwegen, L.; Williams, G. (2020): World List of Octocorallia. Renillidae. Daly, M.; M. R. Brugler; P. Cartwright; A. G. Collins; M. N. Dawson; D. G. Fautin; S. C. France; C. S. McFadden; D. M. Opresko; E. Rodríquez; S. L. Romano & J. L. Stake (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182. Zamponi M. O. & Pérez C. D. (1955): "Revision of the pennatulacean genus Renilla Lamarck, 1816 (Octocorallia, Pennatulacea), with descriptions of two new species from Subantarctic Region". Miscellánia Zoologica 18: 21-32.

Outros artigos Octocoraliarios Pennatuláceos

Categoría:Antozoos Categoría:Fauna do océano Atlántico Categoría:Fauna de América Central Categoría:Fauna de América do Norte Categoría:Fauna de América do Sur‎