Hymyilevä mies é un filme finlandés de 2016 dirixido por Juho Kuosmanen. É unha coprodución entre Finlandia, Suecia e Alemaña. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016, onde gañou o premio Un Certain Regard. Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Ano 1962: Olli Mäki é un boxeador afeccionado da cidade de Kokkola convertido en profesional que, mentres asiste a unha voda, se namora da súa amiga Raija. Viaxan a Helsinqui onde o seu representante Elis Ask está a preparar o gran salto de Olli: unha loita polo título de campión de peso pluma da Asociación Mundial de Boxeo contra o recoñecido boxeador estadounidense Davey Moore no Estadio Olímpico de Helsinqui. A pelexa será un dos eventos máis importantes da historia do deporte finlandés, aínda que a maioría da xente, incluído Olli, son escépticos: os rexistros de Moore superan con moito aos de Olli.

Personaxes Jarkko Lahti como Olli Mäki Oona Airola como Raija Jänkä Eero Milonoff como Elis Ask John Bosco Jr. como Davey Moore

Os auténticos Olli e Raija Mäki aparecen brevemente ao final do filme, cando Raija mira cara a eles e pregunta a Olli: "coidas que seremos coma eles cando sexamos vellos?".Finnish Boxing Movie ‘Olli Maki’ Serves Up Surprising Quirk With its Punches

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes dirixidos por Juho Kuosmanen Categoría:Filmes de deporte Categoría:Filmes ambientados en 1962 Categoría:Filmes ambientados en Finlandia Categoría:Filmes en branco e negro