A dos capitados (Capitata) é unha suborde de cnidarios hidrozoos, unha das tres comprendidas na orde dos antoatecados.Capitata Kühn, 1913 no WoRMS. Consultada o 30 de agosto de 2020.Capitata Kühn, 1913 no ITIS.
Taxonomía miniatura|260px|Cladonema pacificum miniatura|260px|Hydrocoryne miurensis miniatura|260px|Velella velella
Descrición A suborde foi descrita en 1913 polo zoólogo alemán Alfred Kühn.
Familias Na actualidade (2020) recoñécense na suborde as seguintes familias:
Asyncorynidae Kramp, 1949 Cladocorynidae Allman, 1872 Cladonematidae Gegenbaur, 1857 Corynidae Johnston, 1836 Halimedusidae Arai & Brinckmann-Voss, 1980 Hydrocorynidae Rees, 1957 Milleporidae Fleming, 1828 Moerisiidae Poche, 1914 Pennariidae McCrady, 1859 Porpitidae Goldfuss, 1818 Pseudosolanderiidae Bouillon & Gravier-Bonnet, 1988 Rosalindidae Bouillon, 1985 Solanderiidae Marshall, 1892 Sphaerocorynidae Prévot, 1959 Teissieridae Bouillon, 1978 Tricyclusidae Kramp, 1949 Zancleidae Russell, 1953 Zancleopsidae Bouillon, 1978
Características A maioría das especies son formas coloniais que segregan unha estrutura ramificada común sobre a que se implantan os pólipos. Nestas colonias existe unha división funcional entre os pólipos que integran a colonia: algúns teñen funcións alimentarias, e son coñecidos como gastrozoides; outros son defensivos, os dactilozoides, erizados de cnidocitos; e outros, os activos reprodutivamente, son os denominados gonozoides.
Os caracteres diagnósticos do grupo son:Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent 24: 47-296.
a presenza de gónadas rodeando completamente o manubrio das medusas; boca simple e circular; tentáculos marxinais normalmente ocos; cnidocitos das medusas caracterizados pola presenza de estenoteles (grandes nematocistos penetrantes dun nematocito); reprodución sexual con produción de larvas plánulas ou actínulas; plánulas con dous tipos de células embrionarias glandulares: escumosas e esféricas; pólopos normalmente con tentáculos capitados, tanto nos adultos como na fase larval; gonóporos xeralmente no corpo do pólipo.
Habitan tanto en augas salgadas, como salobres ou doces.
O seu rango de profundidade é entre 1,55 e 7,632 m, e o seu rango de temperatura entre -1,54 e 28,87 °C.Capitatana EOL. Consultada o 30 de agosto de 2020.
A distribución xeográfica dos representantes do grupo inclúe todos os océanos ye latitudes, desde augas polares a tropicais.Capitata no IOBIS. Consultado o 30 de agosto de 2020.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent. 24: 47-296. Ver en liñea en: Phylogeny and Classification of Hydroidomedusae. Nawrocki, A. M.; Schuchert, P. & Cartwright, P. (2010): "Phylogenetics and evolution of Capitata (Cnidaria: Hydrozoa), and the systematics of Corynidae". Zoologica Scripta 39 (3): 290-304.
Outros artigos Hidrozoos
Ligazóns externas Capitata na ADW. Capitata na EOL.
Categoría:Hidrozoos