En zooloxía, denomínase gastrozoide, ou gastrozooide, a un zooide (individuo que forma parte dunha colonia e presenta unha estrutura variábel segundo a función que desempeña na colonia),zooide no Dicionario da RAG. dunha colonia de cnidarios antozoos que presenta boca e tentáculos, e que se ocupa da dixestión dos alimentos.Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 163.
Os gastrozois aseméllanse a pólipos con tentáculos parcial ou completamente atrofiados. Cerca, ou na base, do gastrozoide encóntranse zooides adaptados para capturaren presas, os dactilozoides, con tentáculos punzantes, que transfiren a súa presa ao gastrozoide para a súa dixestión.gastrozooids en The Free Dictionary.
O nome gastrozoide está formado pola unión dos elementos gatro- e -zoide.gastrozooid no Merriam-Webster Dictionary. O primeiro elemento deriva do grego antigo γαστήρ -στρός gastḗr, -strós, "estómago",gastro- no Merriam-Webster Dictionary. e -zoide, do grego antigo ζῷον zõon, "animal", coa adición do sufixo -oide, tirado do grego antigo εἶδος, eĩdos, "aparencia", "aspecto".zooid no Merriam-Webster Dictionary.
Notas
Categoría:Antozoos Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Artigos sen imaxes