Jay foi unha banda galega procedente de Vigo formada no ano 2012 por Benjamin Louis (guitarra, dizzy lizzy), Manu Álvarez (batería), Brais Otero (baixo e voz) e Julián Goicoa (guitarra). Cun son onde predominaba o noise rock o grupo publicou dous álbums con esta formación a través do selo Discos Humeantes, Vacaciones en Vietnam (2013) e Los colegas no te olvidan (2015). Benjamin Louis e Manu Álvarez deixaron o grupo e foron substituídos por Fiz García e Fernando Areal, editando esta nova formación o seu terceiro álbum de estudio en 2017, Fuimos nosotros, desta vez co selo compostelán Matapadre e cun estilo onde incorporan elementos de pop, electrónica, rock sinfónico, hip hop e incluso flamenco.
Jay disolveuse dando paso á banda Mundo Prestigio, formada polos mesmos membros, que incorporou novos elementos á música da súa anterior encarnación. Este novo grupo estreouse co seu primeiro EP en maio de 2019.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloVacaciones en Vietnam2013Discos HumeantesLos colegas no te olvidan2015Discos HumeantesFuimos nosotros2017Matapadre
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Bandcamp da banda
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 2012