230px|miniatura|dereita|Unha vista da cidade. Shibam (en árabe شبام) é unha pequena cidade do Iemen, situada na Gobernación de Hadramaut e poboada por uns 7.000 habitantes.Ciudad vieja amurallada de Shibam. Viajealpatrimonio.com. Existen datos da súa existencia dende o século II a. e. c. Foi en numerosas ocasións a capital do reino de Hadramaut.

Inscribiuse no Patrimonio da Humanidade da Unesco no ano 1982.

A cidade viuse afectada polas inundacións que arrasaron Iemen en 2008. Malas xestións no seu manexo, ameazas naturais e o conflito armado acontecido durante o ano 2015, fixeron que o comité do Patrimonio da Humanidade da Unesco inscribise ao sitio na lista de Patrimonio da Humanidade en perigo en xullo do ano 2015.

Arquitectura A súa arquitectura con edificios de varios andares, feitos de adobe e separados por un labirinto de canellas estreitas, válelle o sobrenome de Manhattan do deserto ou "a máis antiga cidade de rañaceos do mundo". O método de construción dos edificios en terra crúa é ancestral, sendo os máis antigos que se conservan do século XVI.

A cidade é o exemplo máis antigo de planificación urbana baseada nos principios da construción vertical, un plano ben definido. Os edificios máis altos acadan os 16 andares e unha altura de até 40 metros, sendo o minarete, con 50 metros, o edificio máis alto da cidade. Para protexer as edificacións das inclemencias, as fachadas son recubertas cun baño espeso que hai que renovar regularmente.

Na cultura popular Foi en Shibam onde o director italiano Pier Paolo Pasolini rodou a película As mil e unha noites estreada en 1974 en Francia.

Notas

Véxase tamén

Patrimonio da Humanidade no Iemen Ligazóns externas Ficha de Shibam na UNESCO (en inglés e en francés).

Categoría:Cidades do Iemen Categoría:Patrimonio da Humanidade no Iemen Categoría:Patrimonio da Humanidade en perigo