O Amenal é un lugar da parroquia de Castrofeito, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. A súa poboación está incluída dentro do número que o IGE lle asigna á parte deste lugar que se atopa dentro da parroquia de Pereira.

O Camiño Francés a Santiago pasa por esta pequena poboación xusto antes de encarar a suba cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. Quizais por esta razón, tense desenvolvido unha pequena infraestrutura hostaleira neste lugar. O trazado do Camiño atravesa a N-547 neste punto a través dun paso subterráneo que se encontra na parte de Castrofeito. A capital municipal, O Pedrouzo, atópase a 2.400 metros de distancia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Castrofeito

Parroquias do Pino

Notas

Categoría:Lugares do Pino Categoría:Localidades do Camiño Francés Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias