O período precelta na prehistoria de Europa Central e Occidental produciuse antes da expansión dos celtas ou da súa cultura durante a Idade de Ferro en Europa e Anatolia (séculos -IX a -VI), mais despois da aparición da lingua e cultura protoceltas. A área abrangueu a espazo máxima das linguas celtas a mediados do primeiro milenio a.C. A extensión á que a lingua, a cultura e a poboación celta coincidiron ou interacturaron durante este período e moi incerto e polémico. miniatura|250x250px|Distribución diacrónica dos pobos celtas.
Linguas O protocelta data principalmente do -800, coincidindo coa cultura de Hallstatt, mentres que a posible diverxencia máis antiga entre as variedades protoceltas do protoindoeuropeo data de entre o -3000 e o -2000.
Na Europa continental, as linguas precélticas da Idade de Bronce europea poden comprender dous grupos distintos. Linguas non indoeuropeas (por exemplo as linguas preindoeuropeas); como o éuscaro,Trask, R.L. 1997. The History of Basque. P.9. Citing Bertranpetit and Cavalli-Sforza: "Basques represent descendants of Paleolithic and/or Mesolithic populations and non-Basques later arrivals, beginning with the Neolithic.".Hualde, José Ignacio and Jon Ortiz de Urbina. A grammar of Basque. 2003. P.7 o rético, o etrusco,Pallottino, 1955. The Etruscans: páxina 52 o ibérico, que podería estar clasificado co éuscaro mais aínda están sen clasificar, o aquitano e o paleosardo. Algúns estudosos agrupan o etrusco, o rético e o lemnio nunha hipotética familia lingüística tirrena, que puido xurdir no mar Exeo ou no norte dos Alpes durante o Neolítico.Facchetti, Giulio M. & Negri, Mario. Creta Minoica. Sulle tracce delle più antiche scritture d'Europa. Leo S. Olschki Editore, 'Biblioteca dell'Archivum Romanicum. Serie II: Linguistica' nº 55, 2003. . Pola contra, a lingua lemnia quizais puido chegar ao mar Exeo durante a Idade de Bronce serodia, cando os gobernantes micénicos recrutaron grupos de mercenarios de Sicilia, Sardeña e diversas partes da Península Itálica. Variedades indoeuropeas, como as linguas ilirias, posiblemente o lusitano, os dialectos italo-célticos, o antigo belga e o "antigo europeo". Porén, o lusitano e o antigo belga poden resultar ser celtas, mentres que o antigo europeo podería ser celta ou non indoeuropeo. A existencia do indoeuropeo no oeste de Europa antes da chegada dos celtas é altamente especulativo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Thompson, T. Ireland's Pre-Celtic Archaeological and Anthropological Heritage. (2006) Edwin Mellen Press. Waddell, J., The Celticization of the West: an Irish Perspective, in C. Chevillot and A. Coffyn (eds), L' Age du Bronze Atlantique. Actes du 1er Colloque de Beynac, Beynac (1991), 349-366. Waddell, J.,The Question of the Celticization of Ireland, Emania No. 9 (1991), 5-16. Waddell, J., 'Celts, Celticisation and the Irish Bronze Age', in J. Waddell and E. Shee Twohig (eds.), Ireland in the Bronze Age. Proceedings of the Dublin Conference, abril de 1995, 158-169.
Categoría:Historia de Europa