Dogs é unha serie de televisión estadounidense de 2018 que se estreou en Netflix. A serie foi emitida o 16 de novembro de 2018. Foi creada por Glen Zipper. A serie explora o vínculo entre cans e humanos.
A primeira tempada conta con seis episodios de 50 a 53 minutos. Cada episodio, presenta unha localización diferente arredor do mundo, e examina unha faceta da vida na que os cans e os humanos están conectados, así a relación entre os cans e os humanos en diferentes países, culturas e persoas.
En xuño de 2019 anunciouse que Dogs tería unha segunda tempada.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América