Püha Tõnu kiusamine é un filme estoniano de 2009 escrito e dirixido por Veiko Õunpuu e protagonizado por Taavi Eelmaa. O argumento foi descrito como comedia negra e céntrase nun exitoso home de idade media que comeza a interesarse en cuestións sobre a moralidade. O filme foi unha coprodución entre empresas de Estonia, Suecia e Finlandia. Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Taavi Eelmaa como Tõnu Ravshana Kurkova como Nadezhda Tiina Tauraite como muller de Tõnu Sten Ljunggren como Herr Meister Denis Lavant como Conde Dionysos Korzybski Hendrik Toompere Jr. como Toivo Katariina Lauk como muller de Toivo Harri Kõrvits como Director Taavi Teplenkov como Urbo Marika Barabanstsikova como muller de Urbo Rain Tolk como Kleine Willy Liis Lepik como filla de Tõnu Valeri Fjodorov como pai de Nadezhda Evald Aavik como sacerdote Andres Puustusmaa como construtor de valados

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Finlandia