Searching é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Aneesh Chaganty e escrito por Chaganty e Sev Ohanian. Ambientado enteiramente en pantallas de computador e teléfonos intelixentes, o filme conta a historia dun pai (John Cho) tentando atopar a súa filla desaparecida de 16 anos (Michelle La) coa axuda dunha detective policial (Debra Messing). É o primeiro filme mainstream de Hollywood protagonizado por un actor asiáticoamericano.
O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2018, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 31 de agosto de 2018, por Screen Gems. O filme foi un éxito financeiro e da crítica, recadando máis de 75 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 880 000 dólares. Foi eloxiada pola súa dirección, actuación, estilo visual único e argumento pouco predecible. Nos Premios Independent Spirit, Cho foi nomeado ao mellor actor protagonista.
Personaxes John Cho como David Kim Debra Messing como Detective Sarxento Rosemary Vick Michelle La como Margot Kim Kya Dawn Lau como Margot Kim con 9 anos Megan Liu como Margot Kim con 7 anos Alex Jayne Go como Margot Kim con 5 anos Sara Sohn como Pamela Nam Kim Joseph Lee como Peter Kim Steven Michael Eich como Robert Vick Ric Sarabia como Randy Cartoff Sean O'Bryan como Radio Jockey Colin Woodell como operador do 911
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes sobre familias