O Ilves é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome. Foi fundado o 10 de abril de 1931 e actualmente compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tammelan stadion, un estadio con capacidade para 5 050 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarilla e pantalón verde, mentres que a reserva é integramente verde.

O Ilves gañou o campionato finlandés nunha ocasión (1983), obtendo ademais unha medalla de prata (1985) e dúas de bronce (1984 e 2017); tamén se proclamou tres veces campión da Suomen Cup (1979, 1990 e 2019). En 2019 equipo ocupaba a novena posición na clasificación histórica da liga.

Historia O Ilves foi fundado no instituto Tampereen Lyseo o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo, que era profesor no centro, para que o alumnado puidera practicar deportes de pelota.

Se ben o Ilves xogou o seu primeiro encontro o 7 de maio de 1931 fronte os Tampereen Palloilijat, non foi ata o 27 de maio dese mesmo ano cando se uniu á Asociación de Fútbol de Finlandia.

O 30 de xullo de 2016, con motivo do seu 85 aniversario, o equipo xogou un partido amigable fronte o Valencia Club de Fútbol no estadio de Ratina. O equipo español acabaría impoñéndose por 1-4 (0-3 ao descanso). A pesar de que o estadio contaba cunha capacidade máxima para 16 800 persoas, o partido só congregou a pouco máis de 6 000, posiblemente debido ao elevado prezo das entradas.

Palmarés 1 Veikkausliiga: 1983 3 Suomen Cup: 1979, 1990, 2019

Notas

Véxase tamén Outros artigos FC Ilves (feminino)

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Finlandia Categoría:Equipos de fútbol de Tampere Categoría:Ilves (fútbol)