O altiplano iraniano (en ) é unha formación xeolóxica localizada no suroeste de Asia, Asia Meridional e a rexión do Cáucaso. É parte da placa eurasiática que se estende entre a placa arábiga e a placa índica, situada entre os montes Zagros, no oeste, o mar Caspio e o Kopet Dag, ao norte, o estreito de Ormuz e o mar Arábigo, ao sur, e o Hindu Kush, ao leste. Neste límite oriental pódense diferenciar do altiplano iraniano os montes Suleiman, os montes Makran e os montes centrais de Afganistán.

Como rexión histórica inclúe Partia, Media e Persia oriental, o corazón da Gran Persia (principalmente Irán, Afganistán e o Paquistán situado ao oeste do río Indo).Old Iranian Online , University of Texas College of Liberal Arts (consultado o 10 de febreiro de 2007) Os montes Zagros forman o límite occidental da meseta, e as súas ladeiras orientais poden incluírse no termo. A Encyclopædia Britannica exclúe expresamente as "terras baixas do Juzestán" e caracteriza Elam como un territorio que abranguía «a rexión dende a chaira mesopotámica ata o altiplano iraniano».s.v. Ancient Irans.v. Elamite language

Debde o Caspio no noroeste, ata Baluchistán no sueste, o altiplano iraniano esténdese ao redor de 2000 km. Abrangue a maior parte de Irán, Afganistán e unha parte significativa de Paquistán, unha rexión en liñas xerais marcada por un cuadrilátero con lados sobre as cidades de Tabriz, Xiraz e Cabul e que ocupa arredor de 3,7 millóns de quilómetros cadrados. A pesar de chamarse «altiplano», está lonxe de ser chan, xa que nel hai varias cadeas montañosas, sendo o seu cume o Damavand nos montes Elburz a 5610 metros, e depresións como a conca de Lut, ao leste de Kerman, no Irán central, por baixo de 300 metros.

Xeoloxía A rexión está formada principalmente por terreos gondwanos acrecionarios entre a plataforma de Turan ao norte e a principal avanzada dos Zagros, a zona de sutura entre a placa arábiga que se move cara ao norte e o continente eurasiático. É unha rexión xeoloxicamente ben estudada debido ao interese xeral na zona de colisión continental, e debido á longa historia de Irán de investigación en xeoloxía, particularmente en xeoloxía económica, aínda que as principais reservas de petróleo de Irán non se atopan no altiplano.

Xeografía O altiplano iraniano, en xeoloxía, correspóndese cunha zona xeográfica ao norte dos grandes cintos de montañas encartadas que resultan da colisión da placa arábiga coa placa eurasiática. Nesta definición, a meseta non cobre o suroeste de Irán. Esténdese dende a provincia de Azerbaidján Oriental no noroeste de Irán ata Afganistán e o suroeste de Paquistán. Tamén inclúe partes menores das repúblicas de Azerbaidján e Turkmenistán. As súas cadeas montañosas poden dividirse en cinco principais subrexións:Iranian Plateau. Cadeas do noroeste de Irán: Sabalan (4811 m). Montes Elburz: Damavand (5610 m). Meseta iraniana central: Kūh-e Hazār (4500 m) e Kuh-e Jebal Barez. Cadeas iranianas orientais: Kopet Dag (Kuh-e Siah Khvani 3314 m e cadea Eshdeger 2920 m). Baluchistán: Sikaram (4755 m), Kuh-e Taftan (3941 m) e Zargon (3578 m).

Nesta rexión son singulares os lagos estacionais do deserto, ou de áreas pantanosas, coñecidos como hamun. As principais depresións son: Deserto de Kavir. Deserto de Lut. Lago Hamun, onde desauga o río Halil. Gavkhouni, un lago pantanoso onde desauga o río Zayandeh. Conca do Sistán, con varios lagos ou hamun, onde desauga o río Helmand.

Historia Na Idade de Bronce, Elam estendíase ao longo dos montes Zagros, conectando Mesopotamia e o altiplano iraniano. Os reinos de Aratta coñecidos por fontes cuneiformes podía ser que se situasen na meseta iraniana central.

Na antigüidade clásica a rexión foi coñecida como Persia, debido á dinastía aqueménida persa, orixinaria da Persia en si, ou Fars.

A Erān persia media (de onde deriva o nome moderno Irān) comezou a usarse en referencia ao estado (máis que como unha denominación étnica) dende o período sasánida.

Arqueoloxía No altiplano iraniano desenvolvéronse certas culturas prehistóricas, sendo os principais xacementos arqueolóxicos os seguintes:

Civilización de Jiroft, na meseta iraniana central: Shahr-i Sokhta Konar Sandal Tepe Yahya Civilización do río Zayandeh Tappeh Sialk

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía E. Majidzadeh, Sialk III and the Pottery Sequence at Tepe Ghabristan. The Coherence of the Cultures of the Central Iranian Plateau, Irán 19, 1981, 141-46. Ligazóns externas Central Iranian Plateau Conca de Yazd

Categoría:Xeografía de Afganistán Categoría:Xeografía de Irán Categoría:Accidentes xeográficos de Paquistán Categoría:Mesetas