Manuel Acuña Palmeiro foi un político galego.

Traxectoria Durante a Segunda República accedeu á alcaldía de Vilaboa logo da dimisión de Francisco González García o 7 de decembro de 1931. Militante de Acción Republicana, na Asemblea provincial do partido de 1933 foi elixido vogal por Pontevedra no Comité executivo.El Pueblo Gallego, 1-8-1933, p. 8, 12. Foi destituído como alcalde polo gobernador civil o 18 de outubro de 1934. Logo do triunfo da Fronte Popular, foi reposto na alcaldía o 1 de marzo de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 6 de outubro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Vilaboa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido