Aritana Yawalapiti, nado en 1949 e finado o 5 de agosto de 2020, foi un cacique indíxena brasileiro do pobo yawalapiti, dentro do Parque Indíxena Xingu. Serviu como Presidente do "Instituto de Pesquisa Etno Ambiental Xingu".

Traxectoria Era o fillo de xefe indíxena Paru Yawalapiti e a súa muller, Tepori Kamiaurá. Durante a súa infancia, foi ensinado polos irmáns Vilas-Bôas, quen lle ensinaron a importancia de manter un hábitat natural.

Preparado desde unha idade nova, Yawalapiti ascendeu ao rango de cacique na década de 1980, dedicándose a protexer os dereitos dos indíxenas do Brasil. En particular, as súas actividades centráronse no medio ambiente, na demarcación de terra, na saúde e na educación. As súas accións valéronlle a representación doutros grupos indíxenas no Parque Indíxena Xingu. Foi entrevistado no documental Despertar das Amazonas en 2009.

Aritana Yawalapiti morreu o 5 de agosto de 2020 en Goiânia por mor da COVID-19.

Notas

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Pobo yawalapiti Categoría:Brasileiros de ascendencia indíxena Categoría:Activistas do Brasil Categoría:Ecoloxistas do Brasil Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 no Brasil