Eduardo López Budén, nado cara a 1862 e finado na Coruña o 26 de setembro de 1927, foi un político, xornalista e profesor galego.

Traxectoria

Creou un centro de ensino privado cara a 1900. Foi nomeado administrador dos establecementos municipais de beneficencia en 1911,La Voz de Galicia, 2-2-1911, p. 2. e despois foi xefe de Sección do Concello da Coruña. Foi un dos impulsores da institución cultural La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento e animador do Centro de Estudios Sociales Germinal. Republicano, foi presidente do Casino Republicano da Coruña. En novembro de 1918 foi elixido membro do directorio do Partido Republicano Coruñés con Antonio Lens Viera e Santiago Casares Quiroga.La Voz de Galicia, 27-11-1918, p. 1. Morreu na Coruña de tumorización pilórica aos 65 anos.La Voz de Galicia, 27-9-1927, p. 4. Recoñecementos

A corporación republicana da Coruña deulle o seu nome á Rúa Ángel Rebollo o 15 de xullo de 1931. Pero despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ostentar o seu anterior nome por acordo do Concello de 18 de setembro de 1936."Calles coruñesas, Álgel Rebollo", por Juan Naya, La Voz de Galicia, 18-2-1968, p. 22.

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1927