Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk ou Ortiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.

Traxectoria Aínda que nado en Compostela, sempre estivo moi ligado a Trasar de Carballo e San Mamede (Carballedo), a terra dos seus avós. Estudou a primaria e a secundaria en Compostela e fixo estudos de fisioterapia en Pontevedra, na Universidade de Vigo.

Desde moi novo tivo afección pola música, sobre todo na interpretación con guitarra eléctrica, e formouse na escola de música A Casa do Rock, na súa cidade natal.

Esteban & Manuel Despois de colaborar con varios grupos, deuse a coñecer co dúo Esteban & Manuel, que recuperou o espírito da verbena a ritmo de cumbia, trap e auto-tune. Hai quen os considera "os pais galegos da cumbia-tune". Actuaron no Monkey Week de Sevilla e caracterizábanse por vestir un de vermello e o outro de azul. Un dos temas máis coñecidos de La banda sonora de tu día a día (La Melona, 2017) foi Ela namoroume.

Boyanka Kostova miniatura|260x260px|O Chicho do Funk nunha entrevista para Nós Televisión.Desde 2016, Cibrán García (Saibran Yiyi) e O Chicho do Funk formaron Boyanka Kostova, dúo galego de música trap.

Discos:

2018: Vella canción Galega. 2019: Nova Canción Galega. 2020: Os dous de sempre. 2022: Ranaeira. 2024: Foliada do inferno Cara A: A resposta / Bo chaval / Comida, viño e cancións / Que che den polo cu / Todo me sabe a ti / Fóra da lei. Cara B: Doimakarra / Porralume / Italofeira / Foliada do inferno / Rayo solar Ortiga Ortiga é un proxecto en solitario do Chicho que arrincou en 2019 con Chicho & sus chichas (Ernie Records). Ortiga é unha evolución do son de Esteban & Manuel, con algunhas peculiaridades que o achegan máis á electrónica, mais sen perder a alma latina e de festa popular, os seus sinais de identidade xunto co auto-tune. Os dez temas fan referencia á terra e a xente real: Pistolera, Acostumbrao, Bolero digital, Chantadanfestas, O solar, Mambito de los enamoraos, La Ortiga, Las motos de agua, Para no ia (remix), Chicho y sus chichas.

Con elementos da salsa, o merengue, a cumbia e a bachata, contan co Auto-Tune típico das cancións trap, mais a base ten unha caixa de ritmos electrónica. Hai cancións en galego e nun dos cortes hai un son dun titorial sobre ortigas, porque a ortiga é unha planta híper galega e tivo experiencias na infancia con ela.

En agosto de 2020 confesáballe ao Diario de Pontevedra:

En 2020 colaborou con Rodrigo Cuevas en "La magia de tu melena".

Na primavera de 2021 lanzou Nanana e Helicóptero, dúas novas cancións. En setembro de 2021 lanzou o disco Sabes el Camino que Elegí, que recolle esas cancións. Composto entre 2019, 2020 e xaneiro e febreiro de 2021, foi gravado e mesturado por Hevi en Laboratorio Soyuz entre decembro de 2020 e febreiro de 2021. Foi masterizado por Cem Oral, producido por Chicho e coproducido por Hevi. A maioría das letras e das músicas son de Chicho do Funk. Son dez temas con salsa, cumbia, bachata -e outros- mesturados coa electrónica, o autotune e o folclore. Discos Chicho & sus chichas (2019): Pistolera, Acostumbrao, Bolero Digital, Chantaenfestas, O Solar, Mambito de los Enamorados, La Ortiga, Las Motos de Agua, Para no ia (remix), Chicho y sus Chichas. Ernie Records. Sabes el Camino que Elegí (2021): Vinilo 12", A Veces, Un buen chico, Salsa de piraña, Que máis dará, Elicóptero, Ex-jipi, Tu saporr, Nanana, YNSDDSTS. Ernie Records. Obra social (2024): CTQ intro, Como ti queiras, Le hice el sexo a tu novio, Papá & Mamá, Andiamo fare la bossa nova, A nosa verbena, Cumbia vertical, 5ª dimensión, Fin de semana, A raíz do toxo. Raso Estudio.

Ortiga e Grande Amore En 2021 Ortiga & Grande Amore presentaron Los rastreadores. Nos seus seis cortes, ‘Los Rastreadores’ "teñen elementos de techno, de rumba, de ritmos latinos, de rap… porque para iso están feitos, para que recollan todos os elementos que a eles sempre lles encanta atopar na música que lles transmite algo". Os artistas gravaron todo o proceso de creación, composición e gravación para o disco, a cargo de Álvaro Alvite.

Ortiga e Pili Pampín Neste mesmo ano, Ortiga coñeceu a Pili Pampín no programa Land Rober da televisión galega. Desde a emisora pedíuselles unha colaboración conxunta para o programa de fin de ano. Da unión dos dous artistas saíu unha versión, a ritmo de cumbia, do tema tradicional "eu chorar chorei", da que presentaron posteriormente un videoclip.

Ortiga & High Paw En 2022 Ortiga e a cantante de reggae High Paw gravaron xuntos Non hai quen me ature.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

O Chicho no Facebook Vídeo de O Solar

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1994 Categoría:Rapeiros de Galicia