Luís Abella Beade, nado en Landoi (Cariño) en 1900 e finado en París, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Militante da Sociedad de Camareros y Cocineros La Paz de Ferrol dende 1920. Na década dos anos trinta foi un dos cadros máis activos da Confederación Rexional Galaica. En 1931 impulsou a creación da Federación de Sindicatos Únicos de Ferrol y su Comarca, da que foi secretario. Participou na creación de varios sindicatos na comarca de Ferrol, e de institucións educativas ligadas ao anarquismo, como a Escuela Racionalista de Ferrol e o Ateneo Cultural Recreativo Cariñense. Foi detido en varias ocasións pola súa participación en folgas e sabotaxes.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, loitou nas rúas de Ferrol enfrontándose coas tropas. Despois permaneceu agochado. Xulgado en Ferrol por rebelión con Luís González Díaz, Moisés Lago Lorenzo, Gonzalo Moreno Calvo, Antonio Pena Fernández, José Silva Fernández e Agustín Veiga Mejuto, foi declarado en rebeldía."Requisitoria", La Voz de Galicia, 7-1-1937, p. 6. O 23 de maio de 1937 sostivo con Moisés Lago Lorenzo un enfrontamento armado coa forza pública na casa de Xuvia onde estaban agochados, sendo detido o propietario da casa e posteriormente condenado a morte.

En xullo de 1939 foi un dos participantes na evasión do bou Ramón, co que chegaron a Brest e desde alí foi conducido ao campo de concentración de Barcarés. Viviu en Francia ata a súa morte.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Abella Beade, Luis en nodo50.org

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Cariño Categoría:Nados en 1900

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido