Olegario Collazo Lago, nado en Vigo en 1914 e finado en San Xoán do Monte o 19 de abril de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño de Pardavila. Oficinista. Membro do Sindicato Metalúrxico da CNT de Vigo e das Juventudes Libertarias, das que foi un dos seus fundadores en Vigo en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu ao monte. O 18 de setembro o xuíz militar emitiu unha requisitoria contra el e Benito Paz Piñeiro, César Rosas Bermúdez e Vicente Iglesias como dirixentes do Sinticato de Oficios Varios.El Pueblo Gallego, 19-9-1936, p. 2. Integrouse no grupo de César Rosas Bermúdez e Antonio Iglesias González. O 19 de abril de 1937 foi localizado por unha delación en San Xoán do Monte e asasinado xunto con Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas, compañeiros do grupo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Rosas Bermúdez, César (1903-1939) A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos