Gregory Carl "Ray J" Johnson, nado en Seattle (Washington) o 30 de xullo de 1954, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-125.

Traxectoria Johnson graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Washington en 1977 e na Escola de Pilotos de Proba da Forza Aérea dos Estados Unidos, na Base Edwards da Forza Aérea, en 1984.

Entrou como enxeñeiro aeroespacial no Centro Espacial Johnson da NASA en abril de 1990. Foi seleccionado como astronauta en xuño de 1998, participando na misións STS-125 e pasando 12,90 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-125

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Seattle, Washington