Gregory Harold "Box" Johnson, nado en South Ruislip (Middlesex, Reino Unido) o 12 de maio de 1962, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-134 e STS-123.
Traxectoria Johnson graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1984 e é máster en enxeñería de estruturas de voo pola Universidade de Columbia en 1985 e máster en administración de empresas pola Universidade de Texas en 2005.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando na misións STS-123 e STS-134 e pasando 31,49 días no espazo. Deixou a NASA en agosto de 2013 para aceptar un posto como director executivo en CASIS.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-134 STS-123
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Middlesex