Rocío Seijas Vázquez é unha política galega.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 2019 formou parte da candidatura de Independentes por Monterroso (IxM) encabezada por Antonio Gato Soengas e foi elixida concelleira e tenente alcalde. En agosto dese mesmo ano foi destituída polo alcalde xunto co resto de compañeiros de candidatura. Logo da renuncia á alcaldía e o abandonou do concello por parte do alcalde en xullo de 2020, foi elixida alcaldesa de Monterroso o 29 de xullo grazas ao apoio dos edís do PPdeG"El PP permite que la independiente Rocío Seijas sea la nueva alcaldesa de Monterroso" (30/7/2020). Faro de Vigo ., cos cales pasou a gobernar en coalición. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura de IxM que obtivo dous edís, sendo a terceira forza política tralo PPdeG e o PSdeG, polo cal perdeu a alcaldía en favor dos populares ó ser estes a forza máis votada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monterroso
Categoría:Alcaldes de Monterroso Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido