miniatura|dereita|Panorámica da cidade, á beira do río Hudson.

Troy é unha cidade e municipio do condado de Rensselaer, no estado de Nova York, nos Estados Unidos de América.

Xeografía miniatura|280px|Localización do municipio de Troy no condado de Rensselaer.Á dereita, localiación do devandito condado no estado de Nova York.

Situado a unha altitude media de 152 msnm, o concello ocupa unha superficie de 28,5 km². Segundo o censo de 2010 a cidade tiña unha poboación de 50 129 habitantes, cunha densidade de poboación de 1 832,35 hab./km². A súa área metropolitana, nese mesmo ano, albergaba a 1 170 483 persoas.

Demografía Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2000 os ingresos medios por fogar na cidade eran de 29 844 $, e os ingresos medios por familia eran de 38 631 $. Os homes tiñan uns ingresos medios de 30 495 $, fronte aos 25 724 $ das mulleres. A renda per cápita da cidade era de 16 796 $. Ao redor do 19,1 % da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.Oficina do Censo dos Estados Unidos.

Historia A cidade foi fundada en 1816. Troy é a sede do Instituto Politécnico Rensselaer, a universidade máis antiga de enxeñaría e técnica dos Estados Unidos, fundada en 1824. Debido á confluencia das principais vías navegábeis e unha xeografía apoiada pola enerxía hidráulica, a revolución industrial norteamericana iniciouse nesta área, convertendo a Troy na cuarta cidade máis rica de Norteamérica no século XX.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial da cidade.

Categoría:Cidades do estado de Nova York