Maria da Graça Fernandes, nada o 27 de abril de 1969 en Cedofeita (Porto), é unha atleta paralímpica portuguesa. Compite principalmente na categoría de carreiras de velocidade T38 e en salto de lonxitude.

Traxectoria Fernandes competiu nos Xogos Paralímpicos de Sydney 2000, en Australia, nos que gañou a medalla de bronce nos 400 metros lisos femininos T38, quedou quinta nos 100 metros lisos femininos T38 e sétima nos 200 metros lisos T38. Tamén competiu nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008, quedando en oitava posición na proba dos 200 metros lisos T38.

En 2013 volveu competir por Portugal no Campionato do Mundo de Atletismo adaptado en Lión na categoría de salto de lonxitude, gañando unha medalla de bronce. En 2018 gañou a medalla de bronce nos 400 metros lisos no Campionato Europeo de Atletismo adaptado.

Palmarés AnoXogoSedeEventoResultadoTempoNotas2000Xogos Paralímpicos Sydney 400 metros lisos T38 Bronce1'06"922013Campionato do Mundo LiónSalto de lonxitude T37/38 Bronce4,27 m2018Campionato Europeo Berlín400 metros lisos T38 Bronce1'10"37

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Maria Fernandes na páxina do Comité Paralímpico Internacional.

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados no Porto Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000 Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por Portugal