Angeline Dickinson (de solteira Brown), nada en Kulm (Dacota do Norte) o 30 de setembro de 1931, é unha actriz estadounidense. Comezou a súa carreira na televisión, aparecendo en moitas series de episodios durante a década de 1950, antes de obter os papeis que a revelaron en Gun the Man Down (1956) con James Arness e o western Río Bravo (1959), polo que recibiu un Globo de Ouro como nova estrela do ano.
Na súa carreira de seis décadas, Dickinson apareceu en máis de cincuenta filmes, incluídos China Gate (1957), Ocean's 11 (1960), The Sins of Rachel Cade (1961), Jessica (1962), Captain Newman, M.D. (1963), Os asasinos (1964), The Art of Love (1965), A manda humana (1966), A queimarroupa (1967), Pretty Maids All in a Row (1971), The Outside Man (1972) e Big Bad Mama (1974).
Entre 1974 e 1978, Dickinson interpretou a sarxenta Leann "Pepper" Anderson na serie da NBC Police Woman, pola que recibiu o Globo de Ouro á mellor actriz de serie dramática e tres candidaturas aos premios Emmy. Como protagonista aparece no suspense erótico de Brian De Palma Vestida para matar (1980).
Durante os últimos anos da súa carreira, Dickinson apareceu en varios telefilmes e miniseries, ademais de interpretar papeis secundarios en filmes como Even Cowgirls Get the Blues (1994), Sabrina (1995), Pay It Forward (2000) e Big Bad Love (2001).
Vida persoal Angie estivo casada con Gene Dickinson, antigo xogador de fútbol americano entre 1952 e 1960. Durante este primeiro matrimonio fíxose amiga íntima de John Kenneth Galbraith e Catherine Galbraith. As súas longas visitas a eles e a xira cando Galbraith era embaixador estadounidense na India foron contadas amplamente nas memorias del tituladas Ambassador's Journal e A Life in Our Times.
Mantivo relacións con Frank Sinatra, Dean Martin e díxose que John F. Kennedy, o que ela negou"I grew up going to movies, my daddy was the projectionist, so we got in for free." Entrevista con Mo Rocca para o seu perfil en CBS Sunday Morning, emitido o 24 de febreiro de 2019. ou rexeitou falar do tema.
Dickinson mantivo o apelido tralo divorcio. Casou con Burt Bacharach en 1965, matrimonio que durou quince anos, aínda que ao final deste pasaron un tempo separados durante o que saíron con outras persoas. A súa filla Lea Nikki, naceu un ano despois da voda. Nada tres meses antes de tempo, Nikki sufriu problemas de saúde crónicos, incluída discapacidade visual, e foi diagnosticada con síndrome de Asperger. Bacharach compuxo a música da súa canción "Nikki" para a súa filla, e Dickinson rexeitou moitos papeis para centrarse nela.
Dickinson e Bacharach finalmente levárona ao Wilson Center, residencia para o tratamento psiquiátrico para adolescentes en Faribault, Minnesota,Asperger's syndrome: The ballad of Nikki Bacharach , The Independent, 8 de xaneiro de 2007 onde pasou nove anos. Despois, Nikki estudou xeoloxía na Universidade Luterana de California, mais a súa pobre visión evitou que a tivese como carreira. O 4 de xaneiro de 2007, Nikki suicidouse por afogamento no seu piso de Ventura County. Tiña corenta anos.Burt Bacharach's daughter commits suicide , The Washington Post, 5 de xaneiro de 2007
Dickinson tivo unha relación con Glenn Ford na década de 1980. Durante varios anos nos noventa, Dickinson saíu co presentador de televisión Larry King.
Nunha entrevista en 2006 na NPR, Dickinson afirmou que era demócrata. Participou na campaña de Kennedy en 1960. Also, Report of the County Chairman by James Michener
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1954 Lucky Me Party Guest Sen acreditar 1955 Tennessee's Partner Abby Dean 1955 The Return of Jack Slade Polly Logan 1955 Man with the Gun Kitty Sen acreditar 1956 Down Liberty Road Mary Curtametraxe 1956 Hidden Guns Becky Carter 1956 Tension at Table Rock Cathy 1956 Gun the Man Down Janice 1956 The Black Whip Sally Morrow 1957 Shoot-Out at Medicine Bend Priscilla King 1957 China Gate Lucky Legs 1957 Calypso Joe Julie 1957 Iuma, a carreira da frecha Yellow Moccasin Voz 1958 I Married a Woman Screen Wife 1958 Cry Terror! Eileen Kelly 1959 Río Bravo Feathers 1960 I'll Give My Life Alice Greenway Bradford 1960 The Bramble Bush Fran 1960 Ocean's Eleven Beatrice Ocean 1961 A Fever in the Blood Cathy Simon 1961 The Sins of Rachel Cade Rachel Cade 1962 Jessica Jessica Brown Visconti 1962 Rome Adventure Lyda Kent 1963 Captain Newman, M.D. Tte. Francie Corum 1964 Os asasinos Sheila Farr 1965 The Art of Love Laurie Gibson 1966 A manda humana Ruby Calder 1966 Cast a Giant Shadow Emma Marcus 1966 The Poppy Is Also a Flower Linda Benson 1967 A queimarroupa Chris 1967 The Last Challenge Lisa Denton 1969 Sam Whiskey Laura Breckenridge 1969 Some Kind of a Nut Rachel Amidon 1969 Young Billy Young Lily Beloit 1971 Pretty Maids All in a Row Miss Betty Smith 1971 The Resurrection of Zachary Wheeler Dr. Layle Johnson 1971 See the Man Run Joanne Taylor 1972 The Outside Man Jackie Kovacs 1974 Big Bad Mama Wilma McClatchie 1979 L'Homme en colère Karen 1980 Klondike Fever Belinda McNair 1980 Vestida para matar Kate Miller 1981 Charlie Chan and the Curse of the Dragon Queen Dragon Queen 1981 Death Hunt Vanessa McBride 1984 Terror in the Aisles Kate Miller Imaxes de arquivo 1987 Big Bad Mama II Wilma McClatchie 1993 Even Cowgirls Get the Blues Miss Adrian 1995 Sabrina Ingrid Tyson 1996 The Maddening Georgina Scudder 1996 The Sun, the Moon and the Stars Abbie McGee 2000 The Last Producer Poker Player Cameo 2000 Duets Blair 2001 Pay It Forward Grace 2001 Big Bad Love Mrs. Barlow 2001 Ocean's Eleven Boxing Spectator CameoRemake do filme de 1960 2004 Elvis Has Left the Building Bobette
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Dacota do Norte Categoría:Nados en 1931 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Dacota do Norte Categoría:Paseo da Fama de Hollywood