Lucas Cranach o Vello (en alemán, Lucas Cranach der Ältere), nado en Kronach en 1472 e finado en Weimar o 16 de outubro de 1553, foi un artista alemán, pintor e deseñador de gravados en xilografía. Foi o pai do tamén pintor Lucas Cranach o Mozo (1515-1586).
Traxectoria
Educación e comezos Cranach naceu en Kronach, na Alta Franconia, e aprendeu a pintar grazas ao seu pai. Non é posible facer un seguimento dos seus familiares e predecesores.
Descoñécese o obradoiro onde tomou clases de pintura, aínda que se supón que coñeceu o mestre de pintura alemán Matthias Grünewald que lle ofreceu algo de educación. Grünewald traballou en Bamberg e en Aschaffenburg, e Bamberg era a capital da diocese onde vivía Cranach.
A primeira referencia escrita da súa existencia é na cidade alemá de Wittenberg no ano 1504, cando o príncipe do lugar lle deu un certo salario polo seu traballo. Sábese ademais que posuía unha casa en Gotha e que Barbara Brengebier foi a súa esposa.
Carreira A primeira evidencia dos traballos artísticos de Lucas Cranach provén dunha pintura datada en 1504. Nesa época abordou diversas tarefas: decoración de interiores, pinturas de altar e retratos, deseños para gravados en madeira (xilografía) e en placas de bronce. Nos seus primeiros anos tivo emprego de oficial dedicado a pintar as paredes dos palacios de Coburgo e Locha, debido en parte á sona que tiña de meticuloso e de realista. Os motivos pintados eran escenas de caza e pastorís.
Antes de 1508 chegou a pintar diversas pezas de altar para o castelo de Wittenberg competindo cos seus contemporáneos Alberto Durero, Hans Burgkmair e outros; o duque e o seu irmán Xoán foron retratados por el en diversas ocasións tanto en pintura como en xilografías. A gran reputación lograda por Cranach fixo que en 1509 viaxase a Holanda ao servizo do emperador Maximiliano I e de Carlos V. Ata 1508 Cranach non comezou a asinar as súas obras, e cando o facía puña as súas iniciais e debuxaba unha serpe alada como anagrama (Kleinodo).
Nesas datas Cranach realizou unha xilografía de Venus e Cupido, actualmente no Museo Británico, e tamén a súa coñecida Venus e Cupido (1509), a tamaño natural, en que combina a influencia do renacemento italiano coa relixión e a moral do humanismo alemán, sendo a primeira pintura de Venus espida realizada por un artista do norte de Europa.Forma parte da colección do Ermitage, San Petersburgo.«Venus and Cupid» Ermitage. Consultado o 2 de novembro de 2018. Esta obra é a primeira de numerosas realizadas por Cranach con Venus como protagonista, moitas veces acompañada de Cupido.Ficha. British Museum. Consultado o 2 de novembro de 2018.Charles, Victoria. El Renacimiento, p. 69. Parkstone International, 2012. En Google Books. Consultado o 2 de novembro de 2018.The Collection Online: «Venus and Cupid». Páxina web do Metropolitan Museum of Art. Consultado o 2 de novembro de 2018 miniatura|Venus e Cupido (óleo sobre lenzo, 213×102 cm) de 1509. Ermitage, San Petersburgo
Algún tempo despois o duque concedeulle o monopolio das salas de medicina da cidade de Wittenberg, e deulle a concesión e o privilexio da edición de Biblias. As prensas de Cranach foron usadas por Martiño Lutero. O seu establecemento de farmacia permaneceu aberto durante séculos e só foi suspendido por mor dun incendio acontecido en 1871.
A especialidade de Lucas Cranach o Vello foron os retratos, as escenas relixiosas de mediano formato aptas para domicilios particulares e, sobre todo, os temas de mitoloxía que daban pé a incluír espidos femininos. Cranach impuxo na arte un canon feminino moi peculiar, estilizado e de aspecto xuvenil, con ollos en forma de améndoa, seos miúdos e pernas longas.
Cranach o Vello organizou un activo obradoiro, onde se realizaron múltiples pinturas relixiosas e mitolóxicas que repetían uns modelos fixos con lixeiras variantes. O anagrama da serpe alada incluíase en todas elas, máis como selo do taller que como garantía de autoría. Os dous fillos de Cranach, Lucas Cranach o Mozo e Hans Cranach (falecido prematuramente), colaboraron no obradoiro. En sinal de loito pola morte de Hans en 1537, o anagrama familiar modificouse, dispondo as ás da serpe cara a abaixo. Iso supón unha pista cronolóxica que permite diferenciar as obras realizadas antes e despois de tal data.
As obras de maior calidade da familia Cranach son as da primeira época, especialmente as anteriores aos anos en que ambos os fillos empezaron a colaborar. As de 1508-20 son relativamente escasas no mercado e acadan altos prezos. Aínda que Cranach o Vello foi moi prolífico, mantivo un nivel de calidade alto, cunha execución moi esmerada que requiría múltiples capas de pintura ao óleo aplicadas en finas veladuras. A partir da masificación do traballo no taller, as obras delatan unha execución máis esquemática, unha cor menos variada e un debuxo de contornos máis rectos.
Defensa do luteranismo e exilio miniatura|150x237px|Retrato de Martiño Lutero pintado por Cranach (1529, Galería Uffizi). Dunha fe relixiosa inicialmente católica, Cranach o Vello pasou a apoiar ferventemente o luteranismo, promovendo cos seus retratos e gravados a fama internacional de Martín Lutero e Philipp Melanchthon. Nalgúns gravados, Cranach pareceu ridiculizar o papa e a Casa de Habsburgo. Por mor da derrota das tropas protestantes ante Carlos V na batalla de Mühlberg (1547), o elector Xoán Federico I de Saxonia foi apresado e enviado ao exilio a Weimar, e Cranach acompañouno. En tales circunstancias o pintor faleceu no ano 1553.
Controversia en 2008 Un espido feminino que representa unha Venus, que porta unha gargantilla e se cobre só cunha gasa transparente que leva nunha man, foi rexeitado pola compañía que administra o metro de Londres, porque podería ferir e ofender a sensibilidade dos usuarios do metro, especialmente os de cultura non europea pouco afeitos ás representacións de espidos. A pintura ía servir para anunciar a próxima exposición dedicada ao pintor renacentista alemán na Royal Academy. A exposición celebrouse do 8 de marzo ao 8 de xuño de 2008.«Venus banned from London's underworld.» The Guardian.
Obras Lucas Cranach e o seu equipo elaboraron preto de 5000 obras de arte, das cales só se conservan unhas mil. O número total de obras é descoñecido, xa que non se emprendeu ningunha investigación para contalas.
Pinturas Retratos
Relixión, mitoloxía, alegorías
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brinkmann, Bodo et al. (2007) Lucas Cranach Royal Academy of Arts, Londres,
Friedländer, Max J.e Rosenberg, Jakob (1978) The Paintings of Lucas Cranach Tabard Press, Nova York Heydenreich, Gunnar (2007) Lucas Cranach the Elder: Painting materials, techniques and workshop practice, Amsterdam University Press, Koerner, Joseph Leo (2004) The reformation of the image University of Chicago Press, Chicago, Moser, Peter (2005) Lucas Cranach: His Life, His World, His Pictures (traducido do alemán por Kenneth Wynne) Babenberg Verlag, Bamberg, Alemaña, Nikulin, N (1976) Lucas Cranach, Masters Of World Painting, Aurora Art Publishers, Leningrado
Posse, Hans (1942) Lucas Cranach d. ä. A. Schroll & Co., Vienna OCLC 773554 Ruhmer, Eberhard (1963) Cranach (traducido do alemán por Joan Spencer) Phaidon, Londres, OCLC 1107030 Schade, Werner (1980) Cranach, a Family of Master Painters (traducido do alemán por Helen Sebba) Putnam, Nova York, Sören Fischer (2017): Gesetz und Gnade: Wolfgang Krodel d. Ä., Lucas Cranach d. Ä. und die Erlösung des Menschen im Bild der Reformation, Kleine Schriften der Städtischen Sammlungen Kamenz, Band 8, Kamenz 2017, Stepanov, Alexander (1997) Lucas Cranach the Elder, 1472–1553 Parkstone, Bournemouth, Inglaterra,
Ligazóns externas cranach.net Containing more than 15000 images and 6000 research documents, collaborative project by about 60 international art historians Cranach Digital Archive (cda) Containing images and research information, collaborative project by 26 international galleries Fifteenth- to eighteenth-century European paintings: France, Central Europe, the Netherlands, Spain, and Great Britain, a collection catalog fully available online as a PDF, which contains material on Lucas Cranach the Elder (cat. no. 9) Prints & People: A Social History of Printed Pictures, an exhibition catalog from The Metropolitan Museum of Art (fully available online as PDF), which contains material on Lucas Cranach the Elder (see index) Discussion of Portrait of Martin Luther by Janina Ramirez and Peter Stanford: Art Detective Podcast, 26 de abril de 2017 Cranach map of Palestine, 1508 or 1515. Eran Laor Cartographic Collection, the National Library of Israel
Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1473 Categoría:Finados en 1553 Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores do Renacemento Categoría:Pintores retratistas Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Pintores do século XVI