O río Irauadi, Irrawaddy ou río Ayeyarwady (en birmano ဧရာဝတီမြစ်), do índico revatī "abondoso en riquezas", é un río que flúe de norte a sur a través de Myanmar. Con 2 170 km, é o río máis longo do país e o seu curso de auga máis importante. Orixínase na confluencia dos ríos N'mai e Mali, e percorre un curso relativamente recto cara ao sur ata o delta do Irauadi na rexión Ayeyarwady no mar de Andaman. A súa conca duns 404 200 km² cobre unha gran parte de Myanmar. Ás veces é denominado "a ruta a Mandalay" polo poema de Rudyard Kipling.

Dende o século VI foi empregado para o comercio e o transporte. Polo desenvolvemento dunha cara rede de canais de irrigación, o río foi importante para o imperio británico trala colonización de Birmania. O río continúa a ser vital, e unha considerable cantidade de bens e de tráfico móvese por el. No seu delta prodúcese arroz irrigado polas augas do río.

En 2007, a ditadura militar de Myanmar asinou un acordo para a construción de sete centrais hidroeléctricas para producir un total de 13 360 MW, nos ríos N'mai e Mali, incluída a presa de Myitsone de 3600 MW na confluencia de ambos os ríos. Organizacións ecoloxistas mostraron a súa preocupación polo impacto nos ecosistemas do ríos. Entre os animais potencialmente afectados estarían o vulnerábel Orcaella brevirostris e o Glyphis gangeticus, en perigo crítico.

Ecoloxía Non existe unha listaxe completa e precisa de todos os peixes que habitan o río Irauadi, mais en 1996 estimábse que había unhas duascentas especies. En 2008, estimouse que a ecorrexión do Irauadi era o fogar dunhas 119-195 especies de peixes endémicas. No século XXI describíronse novas especies, como o ciprínido Danio htamanthinus en 2016 e o Nemacheilidae Malihkaia aligera en 2017, e probabelmente haxa máis especies sen describir.

Ao longo do curso do río Irauadi, distínguense numerosas ecorrexións moi diferentes.

Pontes miniatura|A ponte Ava preto de Sagaing, reconstruída en 1954 Ata a construción da ponte Ava (Innwa), de estilo cantilever, construído polo goberno colonial británico en 1934, a única forma de cruzar o Irauadi era por transbordador. A ponte foi destruída polo exército británico en retirada durante a segunda guerra mundial e fori reconstruída en 1954 trala independencia birmana e foi a única ponte sobre o Irauadi ata finais do século XX, en que o goberno levou a cabo a construción dunha serie de novas pontes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Rivers Network – Irrawaddy river blog and watershed webmap On Thinner Ice 如履薄冰: signs of trouble from the Water Tower of Asia, where headwaters feed into all the great rivers of Asia (by GRIP, Asia Society and MediaStorm) NASA Earth Observatory Earth from Space NASA image

Categoría:Xeografía de Myanmar Categoría:Ríos de Asia